miércoles, 24 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 22/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
22/08/2016
CONCELLO DE MOAÑA
CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
Formada e rendida a Conta Xeral deste Concello correspondente ao ano 2015 e informada pola comisión especial de contas na súa sesión do 04 de agosto de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais o expediente estará exposto ao público nas dependencias da Intervención Municipal por un período de quince días, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.
Moaña, 10 de agosto de 2016.—A alcaldesa, Leticia Santos Paz.

CONCELLO DE TUI
REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL EDICTO
Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación municipal , en sesión de 28 de xullo 2016, o Regulamento da agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil, se procede á súa exposición ao público polo prazo de trinta días a contar dende o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Así mesmo, de presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación, e no caso de non presentarse, o presente acordo elevarase a definitivo, entrando en vigor o regulamento, unha vez aprobado definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, de acordo co disposto no artigo 70 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local. Tui, 10 de agosto de 2016.—O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario