miércoles, 3 de agosto de 2016

BOLETINES 01/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/08/2016
CONCELLO DE  FORCAREI
EXPOSICIÓN CONTA XERAL EXERCICIO 2015 CONCELLO DE FORCAREI
E D I C T O
Formulada e rendida a CONTA XERAL correspondente ao exercicio de 2.015 e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de Abril e o 212.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CONCELLO DE  SALCEDA DE CASELAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL PARA O 2016
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria da Xunta de Goberno local de data 9 de xuño de 2016, e sometido a exposición pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 119, de 22 de xuño de 2016 e no taboleiro de edictos do concello, polo prazo de quince días hábiles, por acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2016 inadmitíroonse as alegacións presentadas e aprobouse definitivamente o Orzamento xeral do Concello para o 2016, comprensivo do Orzamento xeral deste concello, das bases de execución, do cadro de persoal funcionario e laboral, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, faise público de seguido, entrando en vigor unha vez producida a presente publicación no BOP:

CONCELLO DE  TUI
CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
Ditaminada pola Comisión Especial de Contas, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de xullo do 2015, a Conta Xeral do Concello de Tui correspondente ao exercicio 2015, por medio do presente, en cumprimento do disposto no art. 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, exponse ao público por espazo de quince días, contados dende o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), para que durante este prazo e oito mais, os interesados poidan presentar as reclamacións, reparos e observacións que estimen oportunas.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE PAZOS DE REIS (TUI)
CONTA XERAL 2015 EDICTO
Rendida a Conta Xeral do exercicio 2015, ditaminada favorablemente pola Comisión de Contas, Facenda e Patrimonio desta Entidade, a mesma atópase exposta na sé desta entidade polo prazo de 15 días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no “Boletín Oficial” da provincia, o obxecto do seu exame e formulación, por escrito, os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante dito prazo e os 8 días seguintes, de conformidade coas Leis 7/85 RBRL, e RDL 2/04.

BOE                             Descripción: boe    
01/08/2016
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE Cuerpo de Diplomados en Meteorología del Estado
Orden AAA/1302/2016, de 22 de julio, por la que se aprueba la relación de admitidos y excluidos y se anuncia lugar, fecha y hora de celebración del primer ejercicio del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y por promoción interna, en el Cuerpo de Diplomados en Meteorología del Estado, convocado por Orden AAA/901/2016, de 7 de junio. PDF (BOE-A-2016-7372 - 3 págs. - 186 KB)  Otros formatos

Cuerpo Superior de Meteorólogos del Estado
Orden AAA/1303/2016, de 22 de julio, por la que se aprueba la relación de admitidos y excluidos y se anuncia lugar, fecha y hora de celebración del primer ejercicio del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y por promoción interna, en el Cuerpo Superior de Meteorólogos del Estado, convocado por Orden AAA/902/2016, de 7 de junio. PDF (BOE-A-2016-7373 - 3 págs. - 175 KB) 

30/07/2016

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL  Jornada de trabajo
Real Decreto 311/2016, de 29 de julio, por el que se modifica el Real Decreto 1561/1995, de 21 de septiembre, sobre jornadas especiales de trabajo, en materia de trabajo nocturno. PDF (BOE-A-2016-7338 - 2 págs. - 161 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Cuerpo Técnico de Gestión Catastral
Orden HAP/1291/2016, de 28 de julio, por la que se publica la relación de aprobados en los procesos selectivos para ingreso, por el sistema general de acceso libre y por promoción interna, en el Cuerpo Técnico de Gestión Catastral, convocados por Orden HAP/1796/2015, de 1 de septiembre.
PDF (BOE-A-2016-7343 - 3 págs. - 189 KB) Otros formatos


DOG                              Descripción: dog
01/08/2016
Presidencia da Xunta de Galicia

CONCELLO DE PONTEVEDRA
RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes no corpo da Policía Local.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 124, do 30 de xuño de 2016, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público 2015.
O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 16 de xuño de 2016, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2015, que a continuación se sinalan:
– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: intendente.
– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: inspector.
– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 3. Denominación: oficial.
– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 3. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario