miércoles, 31 de agosto de 2016

BOLETINES 30/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/08/2016
CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN CONTA XERAL 2015 EDICTO
Conta xeral – 2015
Unha vez formulada e rendida a conta xeral correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, co obxecto de que as persoas interesadas lexítimas poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante o dito prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e do 212 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Crecente, 23 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Marisol Gómez Domínguez.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PLANTILLA POR XUBILACIÓN ANUNCIO
Visto o anuncio publicado no BOP do 14 de xuño de 2016 (nº 113), sobre a aprobación inicial da modificación da plantilla de persoal consistente na amortización das prazas vacantes por xubilación de funcionarios e persoal laboral, e tendo en conta que non se produciron alegacións ou reclamacións contra a citada modificación durante o prazo concedido, considerase aprobada definitivamente dita modificación:
719.png
Ponteareas, 18 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Mª Jesús Garrote Represas.


BOE                             Descripción: boe    
30/08/2016

DOG                              Descripción: dog
30/08/2016
CONCELLO DE MOAÑA
ANUNCIO das bases da convocatoria para cubrir prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público do ano 2016.
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de xullo de 2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Moaña, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016, mediante o sistema de concurso-oposición por promoción interna.
O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org). Moaña, 15 de xullo de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario