lunes, 8 de agosto de 2016

BOLETINES 05/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
05/08/2016
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o martes 26/07/2016, adoptou o seguinte acordo:
— Modificación do cadro de persoal do Concello de Vigo. Expediente administrativo nº 27972/220 (Rexistro Pleno 1402/1101)
En cumprimento do preceptuado nos artigos 168 e 169 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese un período de exposición público por 15 días, durante os cales os interesados/as poderán examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno.
No suposto de non presentarse reclamacións durante dito prazo, a presente modificación considerarase definitivamente aprobada; en caso contrario, o Pleno disporá dun prazo de un mes para resolvelas.
O cal se fai público aos efectos indicados. mcv
Vigo, data segundo sinatura electrónica.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal.- Javier Pardo Espiñeira.

CONCELLO DE BAIONA
RESOLUCIÓN ALCALDÍA RELACIÓN ADMITIDOS CONVOCATORIA PLAZA ARQUITECTO TÉCNICO RESOLUCIÓN DE LA ALCALDÍA
Resultando que en fecha 8/03/2016 por resolución de la alcaldía se aprobaron las bases del Proceso Selectivo para cubrir una plaza de Arquitecto/a Técnico/a, adscrito al servicio de Urbanismo de este Ayuntamiento, mediante concurso oposición libre.
Resultando que dichas bases fueron publicadas en el Boletín Oficial de la Provincia número 67 de 08/04/2016 y corrección de errores en boletines números 98 y 100 de 24/05/2016 y 26/05/2016 respectivamente.
Resultando que, en el Boletín Oficial de Estado número 141, de fecha 11/06/2016, se publica la apertura del plazo de presentación de solicitudes en un periodo de veinte días naturales.
Finalizado el plazo de presentación de instancias y en virtud de lo expuesto, en cumplimiento de la cláusula cuarta de las bases de la convocatoria esta y en virtud de las facultades atribuídas en el artículo 21.1 de la LRBRL esta Alcaldía, RESUELVE:
PRIMERO.—Aprobar Definitivamente la siguiente lista de admitidos/as y excluidos/as en la convocatoria:

CONCELLO DE A LAMA
APROBACIÓN DEFINITIVA RELACIÓN POSTOS DE TRABALLO (RPT)
En sesión celebrada o 28/06/2016, o Pleno Municipal aprobou inicialmente a Relación de Postos de Traballo do Concello de A Lama (RPT), sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 130 de data 8 de xullo de 2016.
Elevado a definitivo dito acordo, o non terse producido alegacións contra o mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986. De 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, procédese á publicación da mencionada RPT.
Contra a aprobación definitiva da RPT, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdición, o que non suspenderá por si só a súa aplicación.
CODIGO
POSTO
GRUPO E NIVEL
PUNTO C. D.
PUNTO C. E.
SOLDO RPT
C. DESTINO RPT
C.ESPEC RPT
SALARIO ANUAL RPT
01.00.01.
SECRETARIO/A XERAL
A1.28
948,25
833,50
14.824,22
11.770,22
19.500,00
46.094,44
01.00.02.
TECNICO SUPERIOR/TESOUR
A1.26
761,50
698,50
14.824,22
9.872,66
12.100,00
36.796,88
01.00.03.
ADMINISTRATIVO/A
C1.20
415,00
343,00
9.983,82
6.217,40
6.100,00
22.301,22
01.00.04.
ADMINISTRATIVO/A
C1.20
415,00
343,00
9.983,82
6.217,40
6.100,00
22.301,22
02.01.01.
TRABALLADORA SOCIAL
A2.22
556,75
374,50
13.035,60
7.209,16
6.100,00
26.344,76
02.02.01.
XEFE/A NEGOCIADO
C1.22
475,75
374,50
9.983,82
7.209,16
6.100,00
23.292,98
03.01.01.
XEFE BRIGADA
AP.14
145,00
201,25
7.755,44
4.312,98
3.600,00
15.668,42
03.02.01.
XEFE BRIGADA
AP.14
145,00
201,25
7.755,44
4.312,98
3.600,00
15.668,42
03.02.02.
OPERARIO/A LIMPEZA 6H (80,00%)
AP.12
100,00
100,00
6.204,35
2.942,02
880,00
10.026,37
01. DEPARTAMENTO SECRETARÍA-INTERVENCIÓN E RÉXIME INTERNO
01.00.01.Secretario/a – Interventor/a Coordinador/a.
01.00.02.Técnico/a Superior
01.00.03. Administrativo/a
01.00.04. Administrativo/a
02. DEPARTAMENTO DE BENESTAR SOCIAL E XURIDICO LABORAL
02.01. Negociado de benestar social.
02.01.01. Xefe/a negociado–Traballador/a social
02.02. Negociado Xurídico Laboral.
02.02.01. Xefe/a Negociado–Administrativo/a
Técnico/a Socio laboral
03. DEPARTAMENTO DE OBRAS E SERVIZOS BÁSICOS
03.01. Brigada de obras e servizos básicos
03.01.01. Xefe/a Brigada
Condutor/a do servizo de limpeza e obras
Operario/a de servizos múltiples
03.02. Brigada de mantemento e limpeza de instalacións e edificios públicos
03.02.01. Xefe/a Brigada
Condutor/a do servizo de limpeza e obras
Operario/a servizos múltiples
03.02.02. Limpador/a
Limpador/a

CONCELLO DE VILA DE CRUCES
APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO REGULADOR DO COMPLEMENTO DE PRODUTIVIDADE DOS EMPREGADOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES, POLA REALIZACIÓN DE TAREFAS PROPIAS DE POSTOS DE TRABALLO DE SUPERIOR CATEGORÍA, E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 26/07/2016, o regulamento municipal regulador do complemento de produtividade dos empregados públicos do Concello de Vila de Cruces, pola realización de tarefas propias de postos de traballo de superior categoría, por ausencia, vacante ou enfermidade do seu titular , exponse ao público no Departamento de Secretaría deste Concello, polo prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo, se poidan presentar reclamacións ou suxerencias que se estimen oportunas, en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinado e preséntense as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido devandito prazo non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente devandito Acordo.

MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT. TITULACIÓN POSTO TÉCNICO MEDIO EN URBANISMO EDICTO
Por acordo de Pleno da Corporación adoptado en sesión ordinaria de data de 26/07/2016, aprobouse a seguinte modificación puntual da Relación de Postos de Traballo:
“Primeiro. Modificar a Relación de Postos de Traballo do Concello de Vila de Cruces, posto de técnico medio en urbanismo (Código 03.03.00.01), nos seguintes aspectos:
Titulación esixida:Arquitectura Técnica, Arquitectura, Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Enxeñería de Obras Públicas, ou equivalentes.
Observacións: Permiso de conducción Clase B”.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse Recurso Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común) ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, (arts. 8 ou 10 da Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa), e de conformidade co establecido no artigo 46 da mesma. Así mesmo, poderá utilizar calquera outro recurso que estime oportuno.

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MANCOMUNIDADE 2016 A N U N C I O
A Xunta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, en sesión do 28 de xullo de 2016 aprobou inicialmente o Orzamento Xeral da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para o ano 2016, xunto cos seus Anexos e a documentación citada no artigo 168 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
Anúnciase a exposición ao público por un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co artigo 169.1 do citado texto legal, para o obxecto de que as persoas interesadas poidan presentar as reclamacións e as suxestións que estimen oportunas.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE SAN JUAN DE CHENLO (O PORRIÑO)
APROBACIÓN DO PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO ANUNCIO
Aprobación do Plan Económico Financeiro 2016
Polo Xunta Veciñal desta Entidade Local Menor, na sesión extraordinaria desenvolvida o 15 de xullo do corrente, aprobouse o Plan Económico Financeiro 2016.
O que se publica aos efectos informativos, manifestando que existe unha copia do mesmo a disposición do público dende a súa aprobación ata a finalización da súa vixencia.


BOE                             Descripción: boe    
05/08/2016
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Ayudas
Orden ECD/1345/2016, de 3 de agosto, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de ayudas dirigidas a la contratación de jóvenes inscritos en el fichero del Sistema Nacional de Garantía Juvenil. PDF (BOE-A-2016-7583 - 11 págs. - 237 KB) Otros formatos

Orden ECD/1346/2016, de 3 de agosto, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de ayudas dirigidas al fomento del emprendimiento de jóvenes inscritos en el fichero del Sistema Nacional de Garantía Juvenil. PDF (BOE-A-2016-7584 - 10 págs. - 231 KB)  Otros formatos


DOG                              Descripción: dog
05/08/2016
CONCELLO DE BURELA
ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 16 de xuño de 2016 referente á convocatoria para prover unha praza.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 1 de xullo de 2016 publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de administrativo adscrito ao Departamento de Urbanismo como funcionario interino.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, na sede electrónica (http://burela.sedelectonica.es) e no taboleiro de edictos do Concello.

CONCELLO DE PADRÓN
ANUNCIO de convocatoria do procedemento de selección de integración no corpo de Policía local.
En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réximen local, no artigo 6.1 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, faise público que por acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de xuño de 2016 se convocou o procedemento de selección extraordinario de integración no corpo da Policía Local de Padrón das e dos vixilantes, auxiliares ou interinos que presten servizos neste corpo, en execución do previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, coas seguintes características:
a) Número de prazas: unha (1).
b) Escala: Administración especial.
c) Subescala: servizos especiais.
d) Grupo: C1.
e) Clase: policía local.
i. Escala: básica.
ii. Categoría: policía.
f) Sistema de acceso: concurso-oposición.
g) Publicación das bases que rexen o procedemento: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 20 de xuño de 2016.
h) Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Padrón, 23 de xuño de 2016

Consellería de Facenda





RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos. 34897 Descargar PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario