viernes, 26 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 25/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
25/08/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE TÉCNICA OU TÉCNICO ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN DIURNA OU NOCTURNA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de Persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, ditou a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade co disposto na base V da convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 147, de 3 de agosto de 2016, destinada a constituír unha bolsa de emprego para a cobertura temporal de diferentes postos de traballo segundo as necesidades que deriven do funcionamento dos distintos Centros e Servizos da Deputación Provincial, RESOLVO aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso de selección do posto de técnica ou técnico especialista en Educación diurna ou nocturna que figura como anexo I desta resolución. Na mesma se determinan as causas de exclusión.
Esta Resolución publicarase no BOPPO, no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial e na páxina web da Deputación.
Tanto os aspirantes excluídos coma os omitidos, por non figuraren nas relacións de admitidos, disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOPPO, para poder emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.
Despois de concluído este prazo ditarase unha resolución definitiva coa relación de admitidos, a composición do tribunal de selección e a data da súa constitución, que se publicará no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial e na web da Deputación.

CONCELLO DE VILA DE CRUCES
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO MEDIO EN URBANISMO EN RÉXIME DE FUNCIONARIO INTERINO
Mediante resolución da Alcaldía nº 2016-0297 de 11/08/2016 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a selección dun técnico medio en urbanismo en réxime de funcionario interino e convocouse o correspondente proceso selectivo a través do sistema de oposición libre.
O texto íntegro da bases reguladoras da convocatoria pódese consultar no taboleiro de Edictos do Concello, no Taboleiro de Edictos Electrónico da Sede Electrónica do Concello (http://viladecruces.sedelectronica.es/ ) e na páxina web do Concello (www. viladecruces.es)
De acordo co disposto na base nº 4, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario