miércoles, 3 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 02/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
02/08/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DA DATA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR E DA REALIZACIÓN DA ENTREVISTA DO PROCESO SELECTIVO DE 1 POSTO DE PROFESOR COLABORADOR DE METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN (ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA)
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
PROCESO SELECTIVO 1 POSTO DE PROFESOR COLABORADOR DE METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN (ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA)
RECTIFICACIÓN DA DATA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR E DA REALIZACIÓN DA ENTREVISTA
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Vista a Resolución Presidencial de data 13 de xullo, publicada no BOPPO nº 140 de data 22 de xullo do 2016, pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo convocado para cubrir un posto de profesor colaborador de Metodoloxía da Investigación da Escola Universitaria de Enfermería, e na que se determina o tribunal cualificador e as datas de constitución e de realización da entrevista; considerando a imposibilidade de reunir os membros do tribunal, titulares e suplentes, nas datas sinaladas, ao abeiro do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de acordo co previsto nas bases da convocatoria e no artigo 20 do Real decreto 364/95, de 20 de marzo, RESOLVO rectificar as referidas datas, que se establecen para os días e horas que a continuación se sinalan:
— A Constitución do tribunal terá lugar o 8 de setembro, ás 9,30 horas, no Pazo Provincial.
— A entrevista e exposición da memoria terá lugar o día 9 de setembro de 2016, ás 9,00 horas no Pazo Provincial.
O que lle comunico para o seu coñecemento e demais efectos.

CONCELLO DE O GROVE
BOLSA XERAL DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL. ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove en sesión celebrada o 18 de xullo de 2016 adoptou o seguinte acordo do que se da conta para publicidade da convocatoria:
ASUNTO: BOLSA XERAL DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL E BOLSA DE EMPREGO ESPECÍFICA PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA A FESTA DO MARISCO
PRIMEIRO: Aprobar as bases que rexerán a contratación de dúas bolsas de emprego para persoal temporal, unha con carácter xeral e outra mais específica para a Festa do Marisco que se celebren conforme a duración da bolsa.
SEGUNDO: Dar publicidade as bases mediante convocatoria pública no Taboleiro de Edictos da Corporación, páxina web e BOP de Pontevedra, debendo primar a tramitación e resolución do expediente relativo á bolsa de emprego para a Festa do Marisco dada a súa cercanía temporal. O praza de presentación de instancias será de 15 días hábiles desde a publicación das Bases reguladoras dos procedementos de selección no BOP de Pontevedra.


CONCELLO DE MARÍN
EXCLUSIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTE NO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE DUAS PRAZAS DE POLICÍAS LOCAIS
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Sra. Alcaldesa – Presidenta — D.ª María Ramallo Vázquez
Expte: 122/2014
EXCLUSIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTE NO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE DUAS PRAZAS DE POLICÍAS LOCAIS, POLA QUENDA DE MOBILIDADE HORIZONTAL, PARA O CORPO DA POLICÍA LOCAL DE MARIN.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 62, do 31/03/2014, foron publicadas as BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE POR FUNCIONARIOS DE CARREIRA DE TRES (3) PRAZAS DE POLICÍA PARA O CORPO DA POLICÍA LOCAL DE MARIN, correspondentes á Oferta de Emprego Público de 2013, sendo publicado anuncio da convocatoria no BOE de 02/06/2014. Das devanditas prazas, dúas (2) delas serán cubertas pola quenda de mobilidade horizontal é unha (1) pola quenda libre.

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
DICTAME FAVORABLE DA CONTA ANUAL 2015
A Comisión Especial de Contas do Consorcio Contraincendios das Comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes, en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de xullo de 2015, dictaminou favorablemente a Conta Xeral do exercicio 2015 de conformidade co disposto no art. 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e disposicións concordantes, expónse o público nas dependencias, e ábrese un periodo de 15 días e 8 mais de exposición ao público, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no B.O.P., co fin que os interesados poidan examina-lo expedente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario