lunes, 8 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 04/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
04/08/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
MODIFICACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO E DO I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Por acordo adoptado no Pleno da Corporación provincial, na sesión do 29 de xullo de 2016, aprobouse a seguinte modificación do V Acordo regulador para persoal funcionario e do I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra:

MODIFICACIÓN DA RPT DE PERSOAL EVENTUAL
Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 29 de xullo de 2016, aprobouse a modificación da Relación de Postos de Traballo de persoal eventual con motivo da creación dos seguintes postos de traballo:
Ampliación da RPT persoal eventual
GR
Retribución anual
Asesor de proxectos sociais
1
A1/A2
42.834,38 €
Asesor de proxectos territoriais
1
A1/A2
42.834,38 €
De conformidade co previsto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán presentar reclamacións no prazo de 15 días hábiles contados a partires do día seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
De non presentarse reclamacións considerarase definitivamente aprobada esta modificación da Relación de Postos de Traballo de personal eventual.

MODIFICACIÓN DO PUNTO PRIMEIRO DAS BASES DA BOLSA DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Recursos Humanos, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
1º. Por Resolución Presidencial de data 15 de xuño de 2016, publicada no BOPPO nº 115 do xoves 16 de xuño de 2016, constituíuse a Bolsa de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo cós seguintes

CONCELLO DE A LAMA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL 2016 EDICTO
Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o Orzamento Municipal para o exercicio de 2016 por acordo adoptado na sesión extraordinaria do 28 de xullo de 2016, ao non haberse producido reclamacións, no período de exposición pública, á aprobación inicial do mesmo, en cumprimento co disposto polo artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, faise público que o devandito presuposto ascende, tanto en gastos coma en ingresos, á contía dun millón catrocentos corenta e cinco mil seiscentos setenta e un euros con trinta céntimos (1.445.917,30.- euros), correspondendo a cada capítulo, as cantidades que a seguir se expresan:


CONCELLO DE MOS
APROBACIÓN INICIAL CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello correspondente ó exercicio económico do ano 2015, e ditaminada pola Comisión Especial de Contas, en sesión ordinaria celebrada en data 20.07.2016, exponse ao público na Intervención deste Concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no “Boletín Oficial” da Provincia, para que poida ser examinada e formularse as reclamacións, reparos ou observacións que se estimen pertinentes durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015. EDICTO
Formulada e rendida a Conta Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa correspondente o exercicio orzamentario 2015, na que se integra a Conta Xeral do O.O.A.A. Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais do ano 2015, informada pola Comisión Especial de Contas de data 26 de xullo de 2016, exponse ó público xunto cos documentos que a xustifican, na Intervención deste Concello, polo período de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Durante dito prazo e oito días máis os interesados lexítimos poderan examinala e formular por escrito, os reparos e observacións que coiden pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 212 do R.D.L 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR
APROBACIÓN PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO 2016-17
A Xunta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de xullo de 2016, acordou a aprobación do Plan Económico-financeiro da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para os exercicios 2016-2017.
De acordo co disposto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, e 26 do Real Decreto lexislativo 1463/2007, a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor deberá publicar o Plan no boletín oficial da Provincia coa finalidade de estar exposto ao público durante o prazo de 15 días dende a súa publicación.
Unha vez rematado este prazo de exposición pública, publicarase o texto do Plan no B.O.P a efectos exclusivamente informativos.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
APROBACIÓN PROVISIONAL DO ORZAMENTO PARA O ANO 2016 EDICTO
Aprobado inicialmente pola Xunta Veciñal desta Entidade Local Menor, en sesión ordinaria celebrada o día 15 de xullo do ano 2016, o Orzamento para o ano 2016 e a plantilla de persoal, en cumprimento do establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, o devandito documento exponse ao público na Secretaría desta Entidade durante o período 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a devandita aprobación inicial poderán os interesados interpoñer reclamacións ante o Pleno da Xunta Veciñal durante o transcurso da referida exposición, de acordo cos supostos taxados no artigo 170 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 22 do Real decreto 500/1990, de 20 de marzo. No suposto de non presentar reclamacións durante dito prazo, o orzamento considerarase definitivamente aprobado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario