lunes, 29 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 29/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/08/2016
CONCELLO DE  O GROVE
PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA BOLSAS DE EMPREGO. BOLSAS DE EMPREGO DO CONCELLO DO GROVE PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL.
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de agosto de 2016:
“Por acordo da Xunta de Goberno Local do 18 de xullo de 2016 aprobouse a creación de dúas bolsas de emprego, unha de carácter xeral e outra máis específica para a Festa do Marisco, cun prazo de presentación de instancias de 15 días hábiles, dende a publicación das Bases reguladoras dos procedementos de selección do persoal no BOP de Pontevedra, que tivo lugar o 2 de agosto de 2016.
Considerando que a partir do vindeiro 31 de agosto remata un gran número de contratos temporais e moitos destes novos traballadores desempregados poden ter interese en ser incluídos nas citadas bolsas de emprego.
A Xunta de Goberno Local acorda por unanimidade:
Prorrogar ata o 15 de setembro de 2016, o prazo de presentación de instancias para tomar parte nas bolsas de emprego do Concello do Grove, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 18/07/2016, cuxas bases foron publicadas no BO da Provincia de Pontevedra do 2/08/2016, admitíndose como presentadas dentro de prazo tódalas solicitudes comprendidas entre o 3 de agosto e o 15 de setembro de 2016”. O Grove 18 de agosto de 2016.—O alcalde, José A. Cacabelos Rico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario