miércoles, 3 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 03/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
03/08/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BOLSA DE EMPREGO 2016
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de Persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
O obxecto desta convocatoria é a regulación do procedemento para a cobertura, con carácter temporal, de diferentes postos de traballo segundo as necesidades que deriven do funcionamento dos distintos centros e servizos da Deputación provincial.
As modalidades de vinculación que se aplicarán ás citadas bolsas de emprego serán as seguintes:
— Para a cobertura de postos reservados a persoal funcionario, o nomeamento previsto nos artigos 23.2, apartados b, c e d, da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 10.1, apartados b, c e d, do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto básico do empregado público.
— Para a cobertura dos postos reservados a persoal laboral, as modalidades contractuais previstas no Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro, e no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
En consecuencia, co fin de establecer un procedemento baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade, que asegure unha adecuada celeridade na selección, nomeamento e contratación do persoal en casos de urxencia e necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria pública de selección do persoal que integrará a bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais, que se rexerá polas seguintes:
BASES
1º.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
1. Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de diferente persoal cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
— No caso de nomeamentos interinos:
• Cubrir interinamente prazas vacantes no cadro de persoal en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo
• Substitución transitoria das persoas titulares dos postos, nos casos de redución de xornada, xubilación parcial ou permisos a tempo parcial, incapacidade temporal, excedencia voluntaria para o coidado de fillas ou fillos, ou servizos especiais
• Execución de programas de carácter temporal e de duración determinada que non respondan a necesidades permanentes da Administración pública
• Exceso ou acumulación de tarefas, de carácter excepcional e circunstancial, polo prazo fixado na lexislación vixente
— No caso de contratacións laborais temporais:
• Cubrir interinamente postos de traballo vacantes en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo
• Necesidades do servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo, co fin de garantir o seu adecuado funcionamento
• Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade
• Permiso por maternidade ou paternidade
• Uso do período de vacacións ou permiso por asuntos propios
• Licenza por asuntos propios
2. A través desta convocatoria preténdese seleccionar o persoal que integrará a bolsa de emprego e regular a cobertura dos postos ofertados cando se produza algunha das causas sinaladas no apartado anterior.
3. En todo caso, estes nomeamentos ou contratacións estarán supeditados ás limitacións establecidas na Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano e á existencia de consignación económica no orzamento provincial.
2º.—SEGUNDA. POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS
1. A súa denominación e características relaciónanse no anexo I.
2. Están excluídas as contratacións que deriven de proxectos ou programas de colaboración con outras administracións e as subvencionadas con fondos europeos cando nas súas bases se estableza un determinado sistema de selección ou a necesidade de que se oferten a través dos servizos públicos de emprego.
3. Non se procederá á contratación ou nomeamento de persoal á marxe da bolsa para o exercicio de funcións iguais ou similares ás correspondentes aos postos ofertados.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS
ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
ANUNCIO ADXUDICACIÓN
Por Decreto da Alcaldía de data 20 de xullo de 2016, aprobouse a adxudicación do “SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ALLEO”, o que se publica aos efectos do disposto polo artigo 154 do TRLCSP aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro.
5.—Adxudicación:
a) Data: 20 de xullo de 2016.
b) Contratista: MUGATRA, S.L.U.
c) Nacionalidade: española
d) Importe da adxudicación:

No hay comentarios:

Publicar un comentario