25/10/2016
CONCELLO DE ARBO
CONVOCATORIA E BASES PROCESO SELECTIVO PARA FORMACIÓN BOLSA EMPREGO
EDUCADORES PARA O SERVIZO DE PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE ARBO
Por resolución de
Alcaldía núm.402/16, de data 06.10.16, foron aprobadas as bases e a
convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir o/os
posto/s de traballo de educadora infantil para o servizo do Punto de Atención á
Infancia do Concello de Arbo, en réxime de persoal laboral e as posibles
vacantes subseguintes. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a
convocatoria:
BASES PARA A FORMACIÓN
DUNHA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE ARBO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS
LABORAIS TEMPORAIS COMO EDUCADORA INFANTIL (P.A.I.)
CONCELLO DE A ESTRADA
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO MUNICIPAL DE PASE DE DETERMINADOS FUNCIONARIOS
Á SEGUNDA ACTIVIDADE
Con data 6 de outubro de
2016 procedeuse polo Pleno da Corporación á Modificación do Regulamento
Municipal de pase de determinados funcionarios á segunda actividade.
Faise público o Acordo a
efectos de que os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de
Persoal do Concello, e realizar as reclamacións e suxestións que estimen
oportunas, no prazo de 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da
publicación do presente no Boletín Oficial da Provincia.
De non presentarse
reclamacións ou suxestións dentro do prazo, o Acordo, ata entón provisional,
entenderase definitivamente adoptado, procedéndose á publicación no BOP do
texto íntegro do nomeado Regulamento.
CONCELLO DE VILABOA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2016 E CADRO DE PERSOAL E D I C T O
Aprobado inicialmente
polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 19 de
outubro de 2016 o ORZAMENTO XERAL para o exercicio económico 2016 e a plantilla
do persoal para dito exercicio, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do R.D.Lex.
2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público, por
prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o seguinte ao da
publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que
durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes
ante o Pleno.
O Orzamento
consideraráse definitivamente aprobado se, durante o indicado período, non se
presentan reclamacións, de conformidade co artigo 169.1 do Texto Refundido da
Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co 20.1 do Real Decreto
500/1990.
No caso contrario, o
Pleno disporá dun mes para resolvelas, contado a partires do seguinte á
finalización da exposición ó público.
As reclamacións
consideraránse denegadas, en calqueira caso, se non se resolven no acto de
aprobación definitiva.
ENTIDADE
LOCAL MENOR DE MORGADÁNS (GONDOMAR)
PUBLICACIÓN CONTA XERAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2015 ANUNCIO
Informada a Conta Xeral desta Entidade Local Menor de Morgadáns
correspondente ao exercizo 2015 pola Comisión Especial de Contas, exponse ao
público por un prazo de 15 dias hábiles, durante os cales e oito mais, os que
se sintan interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións á
mesma, os martes e xóves de 19,00 ás 21 horas ou por correo certificado, de
acordo co artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario