viernes, 14 de octubre de 2016

BOLETINES 14 /10/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/10/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DE APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO.
ANUNCIO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS
Polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 29.09.2016, apróbase inicialmente a modificación do Cadro de Persoal do Concello e dos seus organismos autónomos, de conformidade coa proposta do Concelleiro delegado da área de Réxime interior e Persoal de data 02.09.2016.
O devandito expediente exponse ao público no Servizo de Persoal do Concello, durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción deste Anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello.
Durante este prazo os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que teñan por convenientes ante o Pleno da Corporación.
Así mesmo, e de acordo co art. Art. 7 c) e e) da Lei 19/2013 (en relación co 5.4 da mesma norma), de Transparencia e Bo Goberno, sinálase que o texto da modificación que se aprobou inicialmente e a súa memoria poderán examinarse no menú “Transparencia” da sede electrónica deste Concello (sede.pontevedra.gal)
De non presentarse reclamacións en prazo, a modificación do Cadro de Persoal considerarase definitivamente aprobada, entrando en vigor logo da súa publicación no BOP na forma legalmente establecida. Remitiranse, así mesmo, copias á Administración do Estado e Comunidade Autónoma.
Isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; 20 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril; 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local e 126 e 127 do RD Lexislativo 781/1986, polo que se aproba o Texto Refundido do Réxime Local, e a citada Lei 19/2013.
O que se fai público en exercicio das funcións conferidas a esta secretaría polo artigo 122.5.d) da Lei 7/1985, e 47 e) e 114.7 do Regulamento Orgánico Municipal.

CONCELLO DE  A LAMA
MODIFICACIÓN DA BASE 41.2 INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN E SERVIZO DO ORZAMENTO DE 2016
EDICTO
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación a Modificación da Base 41.2 Indemnizacións por Razón e Servizo do Orzamento de 2016, queda exposto ó público, por un prazo de 15 días hábiles, na Secretaría do Concello, a efectos de exame e reclamacións.
De non presentarse estas, entenderase definitivamente aprobado, segundo dispón o propio acordo de aprobación inicial.

CONCELLO DE  LALÍN
BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE LALIN: POSTO DE MONITOR DEPORTIVO A TEMPO PARCIAL NANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lalin, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de setembro de 2016, aprobou as bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha bolsa de emprego, cuxo texto literal é o seguinte:
BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN
DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE LALIN
Primeira. Obxecto da convocatoria
As presentes bases teñen por obxecto regular os aspectos comúns que rexerán a selección do persoal funcionario interino e laboral temporal para a súa inclusión nas diferentes listas do ANEXO I, e que constitúen a Bolsa de Emprego do Concello de Lalín, ós efectos do nomeamento interino ou contratación temporal para a cobertura non permanente das vacantes que se precisen e daqueles postos que permitan cubrir as eventuais necesidades que demande este Concello cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
1. Necesidades do Servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo, a fin de garantir o seu adecuado funcionamento
2. Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade
3. Permiso por maternidade ou paternidade
4. Uso do período de vacacións ou permiso por asuntos propios
5. Licenza por asuntos propios

CONCELLO DE  MARÍN
CREACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE MARÍN
En data 3 de outubro de 2016, a Alcaldesa do Concello de Marín ditou a seguinte resolución relativa á creación da sede electrónica do mesmo,
Resolución:
«Vista a necesidade de crear unha sede electrónica neste Concello co obxecto de permitir o exercicio do dereito que teñen os cidadáns para relacionarse coas Administracións Públicas por medio electrónicos, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que acaba de entrar en vigor.
Visto que a Sede eletrónica axústase aos principio de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.
Visto que a publicación na sede electrónica de informacións, servizos, e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo cos estándares abertos e, no seu caso, naqueloutros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.
Á vista do disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que acaba de entrar en vigor,

CONCELLO DE  RIBADUMIA
CONTA XERAL 2015 EDICTO
Formulada e rendida a Conta Xeral do Presuposto deste Concello correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, Facenda e Economía na súa sesión de 21 de setembro de 2016, expónse ó público cos documentos que a xustifican, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste Edito no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade có disposto no artigo 212.3 del Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.

CONCELLO DE  SALCEDA DE CASELAS
CONTA XERAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2015
Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello, correspondente ao exercicio do ano 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, sométese a exposición pública estando dispoñible a mesma no departamento de Intervención deste Concello, cos documentos xustificativos, polo prazo de quince días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOP a fin de que durante o devandito prazo e os oito días hábiles seguintes ao mesmo, poida calquera persoa interesada formular as reclamacións ou alegacións que xulguen pertinentes, nos termos establecidos no artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

CONCELLO DE  SALVATERRA DE MIÑO
CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste Termo Municipal:
Obxecto da convocatoria: Elección de Xuíz de Paz titular do Xulgado de Paz de Salvaterra de Miño, por un período de catro anos.
Presentación de solicitudes: No Rexistro xeral de documentos do Concello de Salvaterra de Miño, de 9:00 a 13:00 horas, durante un prazo de quince días hábiles contados a partires da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Condicións legais dos aspirantes:
— Ser español.
— Maior de idade.
— Non atoparse incurso nas causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.
Documentos a aportar coa solicitude: Coa Solicitude achegarase a seguinte documentación:
— Certificado de Nacemento ou fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.
— Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, acompañada de declaración xurada complementaria do solicitante referida a que non se atopa inculpado ou procesado.
— Certificado médico de non padecer enfermidade que lle incapacite para o exercicio de cargo de Xuíz de Paz.
— Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.
— Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.
O que se fai público para xeral coñecemento e ó obxecto de que tódalas persoas que reúnan os requisitos legais esixidos poidan concorrer se así o desexan ó proceso de elección.

CONCELLO DE  VILA DE CRUCES
REGULAMENTO MUNICIPAL REGULADOR DO COMPLEMENTO DE PRODUCTIVIDADE DOS EMPREGADOS PÚBLICOS DO CONCELLO EDICTO
Transcorrido o prazo de exposición pública (BOP núm. 149 de data 05/08/2016), e ó non terse presentado ningunha reclamación, segundo Certificación de Secretaría emitida con data 29 de setembro de 2016, considérase aprobado definitivamente, segundo o artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Regulamento regulador do Complemento de productividade dos empregados públicos do Concello de Vila de Cruces, pola realización de tarefas propias de postos de traballo de superior categoría.
Dacordo co establecido no art. 17.4 do citado texto legal, faise público o texto íntegro do citado Regulamento:

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA E BASES PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA OFICIAL DA POLICIA LOCAL A N U N C I O
CONVOCATORIA E BASES PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL, POR PROMOCIÓN INTERNA, VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA
Por Resolución desta Alcaldía do 13 de maio de 2016 aprobáronse as bases para a cobertura por funcionario de carreira dunha praza de Oficial da Policía Local, por promoción interna.


BOE                             Descripción: boe    
14/10/2016
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Destinos
Acuerdo de 29 de septiembre de 2016, del Pleno del Consejo General del Poder Judicial, por el que se resuelve el concurso de méritos, convocado por Acuerdo de 30 de junio de 2016, de la Comisión Permanente, para la provisión de puesto de trabajo en el Servicio de Inspección. PDF (BOE-A-2016-9424 - 1 pág. - 149 KB)  Otros formatos

Acuerdo de 29 de septiembre de 2016, del Pleno del Consejo General del Poder Judicial, por el que se resuelve el concurso de méritos, convocado por Acuerdo de 7 de julio de 2016, de la Comisión Permanente, para la provisión de puesto de trabajo en el Servicio de Inspección. PDF (BOE-A-2016-9425 - 1 pág. - 148 KB)  Otros formatos

Acuerdo de 6 de octubre de 2016, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se resuelve el concurso, convocado por Acuerdo de 12 de mayo de 2016, para la provisión de puesto de trabajo en el Centro de Documentación Judicial. PDF (BOE-A-2016-9426 - 1 pág. - 152 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Resolución de 10 de octubre de 2016, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se publica la relación de aprobados de las pruebas selectivas para ingreso en la subescala de Intervención-Tesorería, categoría de entrada, de la Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, convocadas por Orden HAP/2584/2015, de 25 de noviembre. PDF (BOE-A-2016-9429 - 2 págs. - 194 KB)  Otros formatos

Resolución de 10 de octubre de 2016, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se publica la relación de aprobados de las pruebas selectivas para ingreso en la subescala de Secretaría, categoría de entrada, de la Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, convocadas por Orden HAP/2581/2015, de 25 de noviembre. PDF (BOE-A-2016-9430 - 2 págs. - 185 KB) 

Resolución de 10 de octubre de 2016, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se publica la relación de aprobados de las pruebas selectivas para ingreso en la subescala de Secretaría-Intervención, de la Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, convocadas por Orden HAP/2580/2015, de 25 de noviembre. PDF (BOE-A-2016-9431 - 3 págs. - 242 KB) 

CORTES GENERALES Becas
Acuerdo de 27 de septiembre de 2016, de la Mesa del Congreso de los Diputados, por el que se convocan becas para la realización de estudios y trabajos sobre comunicación institucional relacionados con el Parlamento. PDF (BOE-A-2016-9432 - 7 págs. - 270 KB)  Otros formatos



No hay comentarios:

Publicar un comentario