viernes, 7 de octubre de 2016

BOLETINES 07/10/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/10/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, E COMPO-SICIÓN DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR 3 PRAZAS DE POLÍCA LOCAL, QUENDA LIBRE INCLUÍDAS NA OEP/2015
“RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR TRES PRAZAS VACANTES DE POLICÍA POLA QUENDA LIBRE INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2015
Publicadas no BOP núm.124, do xoves 30 de xuño de 2016, as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2015, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais cualificadores e finalizado o período establecido para a presentación de instancias (do 18/08/2016 ao 06/09/2016, ambos inclusive), esta Concellería de Goberno, de conformidade coas bases aprobadas e en exercicio das súas atribucións delegadas,

CONCELLO DE  MONDARIZ
REGULAMENTO DE CREACIÓN E FUNCIONAMENTO REXISTRO ELECTRÓNICO
O Pleno do concello de Mondariz en sesión de 24 de setembro de 2016 aprobou inicialmente o Regulamento de creación e funcionamento do Rexistro electrónico do concello de Mondariz, e en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, e no artigo 56 do Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de réxime local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinado e sexan presentadas as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido o prazo non se presentasen alegacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo.


BOE                             Descripción: boe    
07/10/2016
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Funcionarios del Subgrupo A1
Acuerdo de 29 de septiembre de 2016, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se convoca concurso de méritos para la provisión de puesto de trabajo en la Escuela Judicial.
PDF (BOE-A-2016-9214 - 3 págs. - 241 KB) Otros formatos




DOG                              Descripción: dog
07/10/2016
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
DECRETO 133/2016, do 6 de outubro, polo que se dispón que cese o presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.
En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, e no artigo 13 do seu Regulamento de réxime interno de organización e funcionamento, publicado no DOG núm. 221, do 13 de novembro de 2008, tras a preceptiva comunicación ao Pleno do dito consello e presentada a renuncia expresa ante a Presidencia da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único. Que cese, por petición propia, como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández López, agradecéndolle os servizos prestados

Consellería de Facenda



CONCELLO DO PORRIÑO
ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión interina dunha praza encadrada dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 181, do 21 de setembro de 2016, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública, para a provisión interina, con carácter urxente, dunha praza do cadro de persoal do orzamento de 2012 prorrogado para o ano 2016 do Concello do Porriño, encadrada dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos e coa titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, que quedou vacante pola xubilación do seu titular producida o pasado día 16 de xullo de 2016, con posterioridade a aprobación da última oferta de emprego público deste concello, mediante a contratación laboral de interinidade. O sistema selectivo é o de concurso oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario