martes, 11 de octubre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 11/10/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
11/10/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE INTENDENTE, INSPECTOR E OFICIAL NA POLICÍA LOCAL, OEP 2015
ANUNCIO
“RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE INTENDENTE, INSPECTOR E OFICIAL NA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2015
Publicadas no BOP núm.124, do xoves 30 de xuño de 2016, as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na OEP 2015, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais cualificadores e finalizado o período establecido para a presentación de instancias (do 18/08/2016 ao 06/09/2016, ambos inclusive), esta Concellería de Goberno, de conformidade coas bases aprobadas e en exercicio das súas atribucións delegadas,

CONCELLO DE  GONDOMAR
APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Gondomar, na sesión extraordinaria celebrada o día 20 de setembro de 2016, aprobou inicialmente a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o acordo exporase ao público no Taboleiro de anuncios do Concello, estando o correspondente expediente administrativo a disposición dos interesados no Negociado de Servizos Xerais do Departamento de Administración Xeral, aos efectos de que poidan examinalo e presentar, no seu caso, as reclamacións que estimen oportunas, dentro do prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non presentarse reclamacións no prazo indicado, de conformidade co citado artigo 49 LBRL, entenderase definitivamente aprobado sen necesidade de acordo Plenario.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
Formulada a Conta Xeral do Orzamento desta Entidade Local, correspondente ó exercicios 2015, exporase ó público, segundo o artigo 212.3 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, polo prazo de quince días hábiles, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario