lunes, 31 de octubre de 2016

BOLETINES 31/10/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
31/10/2016
CONCELLO DE  MOAÑA
LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E VALORACIÓN PROVISIONAL DE CURRÍCULOS DO PROCESO SELECTIVO CORRESPONDENTE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2016
Na Resolución de Alcaldía 851/2016, do 17 de outubro de 2016, aprobouse a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e a valoración provisional de currículos para o proceso selectivo anteriormente indicado:
PERSOAS ADMITIDAS
Nome
Antigüidade
Méritos académicos
Cursos de formación
Linguaxe administrativa
Total CV
Calvar Fernández, Margarita
8.00
0.00
3.95
2.00
13.95
Ríos Santomé Soledad
3.00
1.50
2.05
2.00
8.55
PERSOAS EXCLUIDAS
Nome
Causa da exclusión
Orza Ocampo, Montserrat
1, 2
1. Solicitude presentada extemporáneamente.
2. Non cumprir os requisitos previstos na base 4 das bases específicas.
As persoas aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión ou para presentar alegacións contra a valoración provisional de currículos.
CONCELLO DE  PONTEAREAS
LISTAS CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL ANUNCIO
Faise público que a Xunta de Goberno Local en sesión do 26-9-16 acordou;
1º.—Aprobar as listas de contratacións para prazas de persoal laboral,segundo categorías,anexo II,compostas por 17 cláusulas,disposicións adicionais ,disposición derrogatoria ,Anexo I, Anexo II,como fican redactadas.
2º.—Aprobar a convocatoria correspondente ás listas aprobadas no punto 1º, de contratacións para prazas de persoal laboral.
3º.—Ábrese un prazo de 20 días naturais para presentar as solicitudes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
4º.—Asemesmo ás listas daranse publicidade no taboleiro municipal,web do Concello e no diario Faro de Vigo. Ponteareas, 30-09-16.—O Alcalde, Xosé Represas Giráldez.


BOE                             Descripción: boe    
29/10/2016
MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Destinos
Resolución de 28 de octubre de 2016, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Orden HAP/1238/2016, de 21 de julio. PDF (BOE-A-2016-9940 - 68 págs. - 848 KB)  Otros formatos

Resolución de 28 de octubre de 2016, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso general, convocado por Orden HAP/1239/2016, de 21 de julio. PDF (BOE-A-2016-9941 - 40 págs. - 575 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Cuerpo de Traductores e Intérpretes
Orden AEC/1718/2016, de 26 de octubre, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos, y se anuncia fecha, hora y lugar de celebración del primer ejercicio de las pruebas selectivas para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Traductores e Intérpretes, convocadas por Orden AEC/1486/2016, de 12 de septiembre. PDF (BOE-A-2016-9946 - 5 págs. - 244 KB) Otros formatos

31/10/2016

JEFATURA DEL ESTADO Nombramientos
Real Decreto 414/2016, de 30 de octubre, por el que se nombra Presidente del Gobierno a don Mariano Rajoy Brey. PDF (BOE-A-2016-9962 - 1 pág. - 147 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Escala de Cabos y Guardias de la Guardia Civil
Resolución 160/38164/2016, de 27 de octubre, de la Jefatura de Enseñanza de la Guardia Civil, por la que se modifica la Resolución 160/38149/2016, de 27 de septiembre, por la que se publica la relación de admitidos como alumnos en la convocatoria de pruebas selectivas para el ingreso en los centros docentes de formación, para la incorporación a la Escala de Cabos y Guardias de la Guardia Civil. PDF (BOE-A-2016-9980 - 1 pág. - 161 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DEL INTERIOR Cuerpo de Ayudantes de Instituciones Penitenciarias
Orden INT/1726/2016, de 18 de octubre, por la que se modifica la composición del Tribunal calificador del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Ayudantes de Instituciones Penitenciarias, convocado por Orden INT/1085/2016, de 30 de junio. PDF (BOE-A-2016-9981 - 1 pág. - 148 KB)  Otros formatos

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS Funcionarios de los Subgrupos A2, C1 y C2
Resolución de 21 de octubre de 2016, de la Agencia Española de Protección de Datos, por la que se convoca concurso general para la provisión de puestos de trabajo. PDF (BOE-A-2016-9982 - 16 págs. - 419 KB)  Otros formatos

DOG                              Descripción: dog
31/10/2016
CONSELLERÍA DE FACENDA
RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente a determinados grupos e categorías.
O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, establece no artigo 6, no seu punto primeiro, que «se poderán presentar novas solicitudes para incorporarse ás listas cando se publique a resolución de apertura de prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública» e, no punto segundo, que «en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben por que haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, escala, especialidade ou categoría, coa excepción das/os interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade».
Por Resolución do 19 de febreiro de 2016 , da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), acordouse o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes, e entre as que se abriron non figuraron as listas do grupo III, categoría 014 (xefe/a de cociña), e o grupo V, categoría 001 (camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a).
Tendo en conta o número actual de integrantes das devanditas listas e as previsións de chamamentos para a cobertura de prazas nas ditas categorías, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro. Abrir o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral do grupo III, categoría 014 (xefe/a de cociña), e o grupo V, categoría 001 (camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a).
Segundo. Aquelas persoas interesadas en inscribirse deberán facelo de acordo co que se establece no artigo 6 do decreto e acreditar os requisitos que se especifican na Resolución do 17 de novembro de 2003 (DOG núm. 228, do 24 de novembro) pola que se abre o prazo inicial de presentación de solicitudes para a elaboración das referidas listas.
Terceiro. O modelo de solicitude de inscrición estará á disposición dos interesados no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación temporal (xeración de solicitudes).
Cuarto. O prazo para a presentación das solicitudes será ata o día 8 de novembro de 2016 e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Contra esta resolución as/os interesadas/os, de conformidade co disposto nos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2016.
A Xunta de Goberno Local do Concello do Barco de Valdeorras, en sesión ordinaria do 6 de outubro de 2016, aprobou a oferta de emprego público para o ano 2016, que é a seguinte:
Funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala técnica, técnico de administración xeral (1 praza).
A selección realizarse mediante oposición libre.
O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de marzo de 2017. O prazo de remate dos procesos selectivos estímase para o 30 de xuño de 2017.O Barco de Valdeorras, 7 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario