lunes, 17 de octubre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 17/10/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/10/2016
CONCELLO DE TUI
BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, ENCADRADA NO GRUPO A, SUBGRUPO A-1.
Con data 26 de setembro de 2016, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva para a provisión interina dunha praza de técnico de administración xeral, encadrada no grupo A, subgrupo A-1.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

CONCELLO DE TUI
BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DA PRAZA DE ARQUITECTO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, ENCADRADA NO GRUPO A-1
Con data 26 de setembro de 2016, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva para provisión interina de prazas de arquitecto da escala de administración especial, encadradas no grupo A, subgrupo A-1
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de dez días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario