Oferta de Emprego Público do ano 2016 XUNTA DE GALICIA
Publicado no Consello da Xunta de hoxe xoves dia 04 de febreiro do 2016
as prazas para a Oferta de Emprego Público do ano 2016.
A Xunta convocará no eido de servizos sociais 146 prazas para persoal
laboral, o que permitirá aumentar a estabilidade no emprego desta área e
mellorar a prestación do servizo.
Do total,70 prazas son na categoría de auxiliar de enfermaría e outras 76
nas categorías de camareiro-limpador e axudante de cociña. A previsión da Xunta
é convocar as oposicións antes do verán.
Por primeira vez dende 2003 a Administración galega incluirá na oferta de
emprego o servizo de prevención e extinción de incendios. A Xunta convocará 124
prazas para reforzar este servizo, das cales 94 serán nas categorías de
condutor de autobomba, vixilante, emisorista, peón e peón condutor, e non
exixirán titulación específica. As
outras 30 prazas son para persoal funcionario das escalas de enxeñeiros
de montes, enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas e enxeñeiros
técnicos forestais.
A previsión da Xunta é tamén convocar as oposicións antes do verán, e os
exames serán en todo caso despois da campaña de verán para non interferir no
dispositivo de loita contra os incendios da Xunta. Ademais, a Xunta convocará
por primeira vez na historia da autonomía 22 prazas de especialistas en
seguridade e saúde no traballo, incluídas prazas de especialista en seguridade
no traballo, en hixiene industrial e en ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
A Xunta ten a previsión de convocar estas oposicións a finais deste 2016
ou principios do vindeiro ano. Finalmente, no eido da Administración xeral
ofertaranse outras 40 prazas no corpo de xestión (A2), no corpo auxiliar (C2) e
na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno.
E a Xunta ofertará outras 116 prazas de promoción interna, o que
permitirá aos empregados públicos acceder a un posto de maior categoría sempre
que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo. Dentro
delas, 16 prazas serán nas escalas de informática (A1 e A2), e as outras 100
para os corpos superior (A1), administrativo (A2) e auxiliar (C2) da
Administración xeral. A Xunta convocará nas próximas datas a mesa de
negociación sindical para trasladar a oferta de emprego público no eido da
Administración xeral.
Ademais, celebrará mañá a reunión do Consello Asesor para a integración
da discapacidade na función pública, para debater a oferta coas organizacións
sindicais e asociacións representativas do sector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario