martes, 7 de julio de 2015

BOLETINES 07/07/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/07/2015
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DE PRAZAS DE POLICÍA LOCAL, POR EXECUCIÓN DE SENTENZA Nº 298, DO 22/12/2014
ANUNCIO DO ACORDO RELATIVO Á RECTIFICACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DE PRAZAS DE POLICÍA LOCAL
A Xunta de Goberno Local, en sesión do 4 de maio de 2015, adoptou acordo relativo á modificación das Bases Reitoras Específicas da convocatoria correspondente a vinte e tres prazas de Policía Local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240 de 18 de decembro de 2013 e no DOG nº 245, de 24 de decembro de 2013, incluídas na Oferta de Emprego Público correspondente aos anos 2010-2011:
“Primeiro.- Proceder á execución da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo nº 298, do 22/12/2014, e en cumprimento da mesma modificar o apartado b) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “-Superar os 18 anos de idade e, para o caso dos/das aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal, non faltar mas de 12 anos para pasar á situación de segunda actividade con destino por razón da idade.”
Segundo.- Acordar ter por validamente presentadas todas aquelas solicitudes de participación nos procesos selectivos para a provisión de prazas de policía local que fosen indebidamente excluídas por razón do límite de idade, sempre que conste o pagamento das correspondentes taxas.
Terceiro.- Acordar, en execución da sentenza indicada e co alcance contido no fallo da mesma, a apertura de novo prazo de presentación de solicitudes de participación nos procesos selectivos convocados para a provisión de 23 prazas de policía (18 pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia) incluídas na OEP do Concello de Vigo correspondentes aos anos 2010 e 2011, concretándose dito prazo en 20 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), tal e como establecen as bases xerais para a presentación de instancias.”
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
BOE                             Descripción: boe    
07/07/2015
Corrección de errores de la Orden JUS/1267/2015, de 19 de junio, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Orden JUS/859/2015, de 23 de abril, para el Cuerpo de Secretarios Judiciales.

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Orden AAA/1346/2015, de 9 de junio, por la que se publica la relación de aprobados en el proceso selectivo para ingreso, por el sistema de promoción interna, en la Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, convocado por Orden AAA/1620/2014, de 1 de septiembre.PDF (BOE-A-2015-7604 - 3 págs. - 174 KB) Otros formatos

Orden AAA/1347/2015, de 17 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema de promoción interna, en la Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
PDF (BOE-A-2015-7605 - 19 págs. - 420 KB) Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
07/07/2015
CONCELLO DE ARTEIXO
ANUNCIO do 1 de xuño de 2015 referente ao acordo sobre a convocatoria e as bases de dous procesos de promoción interna (corpo administrativo e persoal de oficios).
A Xunta de Goberno Local adoptou o Acordo do 13 de abril de 2015 referente á convocatoria e ás bases de dous procesos de promoción interna (corpo administrativo e persoal de oficios).
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 94, do 21 de maio de 2015, e número 101, do 1 de xuño de 2015, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer dous procesos de promoción interna das seguintes prazas de persoal laboral e funcionario do Concello de Arteixo:
– Administrativo/a: 23 prazas do grupo C1 (promoción interna, concurso-oposición restrinxido).
– Persoal de oficios: 28 prazas de limpador/a e 12 prazas de peón/peona. Grupo AP (promoción interna, concurso-oposición restrinxido).
As instancias para solicitar participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

No hay comentarios:

Publicar un comentario