jueves, 2 de julio de 2015

BOLETINES 02/07/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
02/07/2015
CONCELLOS DE MOS
DETERMINACIÓN DE CARGOS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
O Pleno do concello de Mos en sesión de data 22.06.2015 adoptou o seguinte:
ACORDO:
Primeiro.—A determinación dos seguintes cargos en réxime de dedicación exclusiva:
— Alcaldía, cunha retribución bruta anual de 48.676,20 euros.
— Área de urbanismo, medio ambiente e emerxencias, cunha retribución bruta anual de 29.242,80 euros.
— Área de participación cidadá, educación e mobilidade, cunha retribución bruta anual de 29.242,80 euros.
— Área de política social, cultura, turismo, persoal e réxime interno cunha retribución bruta anual de 29.242,80 euros.
— Área de vías e obras, alumeado e eficiencia enerxética, cunha retribución bruta anual de 29.242,80 euros.
Segundo.—En todos os casos procederase a súa alta na Seguridade Social desde o día seguinte da aprobación do presente acordo polo Pleno do Concello de Mos.
Terceiro.—Establécese un réxime de dedicación horaria coincidente, en canto ao número total de horas e cando menos, co horario de oficina municipal, se ben distribuíndose de acordo coas necesidades do servizo e peculiaridades do cargo.
Cuarto.—Publicar no Taboleiro de Edictos deste Concello e no BOP o presente acordo, en cumprimento do sinalado no artigo 75.5 da Lei 7/1985.
Quinto.—Precisar que o nomeamento dun cargo en concreto pola Alcaldía, que supoña unha dedicación exclusiva establecida por este Pleno, deberá de ser expresamente aceptado polo interesado, dando conta ao Pleno na vindeira sesión desa aceptación.

CONCELLO DE NEVES, AS
CARGOS CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA DA NOVA CORPORACIÓN.
Publícase a Resolución de Alcaldía do día 23 de maio de 2015, na que se determina o desempeño dos cargos con dedicación exclusiva deste Concello, que literalmente di:
“DECRETO DA ALCALDÍA
O Pleno da Corporación en sesión que tivo lugar o día 22 de xuño de 2015, acordou que os cargos de Concelleiro de fomento (urbanismo, vías e obras, tráfico, alumeado público, saneamento e augas) e de servizos sociais, deporte, medio ambiente e natural –lixo e limpeza-, e patrimonio, se desempeñen con dedicación exclusiva, ademais do cargo de Alcalde, e fixou as súas retribucións anuais.
Así mesmo e por Resolución de Alcaldía de data 17 de xuño de 2015, nomease Concelleiro responsable da área de fomento (urbanismo, vías e obras, tráfico, alumeado público, saneamento e augas) a don Manuel Eduardo Mariño Souto, do PSdeG-PSOE; e Concelleiro responsable da área de servizos sociais, deporte, medio ambiente e natural –lixo e limpeza-, e patrimonio, a don Óscar González Álvarez, do BNG.
Tendo en conta que os mencionados delegados comezarán desde o día da data, 23 de xuño, o desempeño do seu cargo con dedicación exclusiva.
De acordo con establecido no artigo 75 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, en redacción dada pola Lei 14/2000, de 29 de decembro de medidas Fiscais Administrativas, pola presente, RESOLVO:
1º Nomear aos membros concretos que desempeñarán os cargos en réxime de dedicación exclusiva coas retribucións acordadas polo Pleno Corporativo na sesión de 22 de xuño de 2015, e que son:
a) Don Xosé Manuel Rodríguez Méndez, Alcalde-Presidente desta Corporación, que percibirá unhas retribucións brutas mensuais de 2.428,57 euros e as pagas extraordinarias de xuño e decembro polo mesmo importe, conforme ó aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 22 de xuño de 2015, e con cargo á aplicación 912.100.00 do vixente Orzamento municipal.
b) Don Manuel Eduardo Mariño Souto, Concelleiro Delegado, que percibirá unhas retribucións brutas mensuais de 1.750,00 euros e as pagas extraordinarias de xuño e decembro polo mesmo importe, conforme ó aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 22 de xuño de 2015, e con cargo á aplicación 912.100.00 do vixente Orzamento municipal.
c) Don Óscar González Álvarez, Concelleiro Delegado, que percibirá unhas retribucións brutas mensuais de 1.750,00 euros e as pagas extraordinarias de xuño e decembro polo mesmo importe, conforme ó aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 22 de xuño de 2015, e con cargo á aplicación 912.100.00 do vixente Orzamento municipal.

CONCELLO DE ROSAL, O
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL 2015
RESOLVO:
PRIMEIRO: A Xunta de Goberno Local do Concello do Rosal, como órgano colexiado de carácter necesario, quedará integrado por esta Alcaldía-Presidencia, que a presidirá e polos siguientes Concelleiros:
— Dª. Maria del Carmen Alonso Alonso.
— Dª. María Rosario Tabales Perozo.
— D. Pablo Flores Díaz
— D. Mauro Fernández Teixeira
1. Cargos a desempeñar en réxime de dedicación exclusiva
Se desempeñarán en réxime de dedicación exclusiva, en réxime de xornada completa, os seguintes cargos da Corporación, cas retribucións que se indican:
— Alcaldía, cunhas retribucións brutas anuais de 45.000,00 euros, a percibir en catorce pagas.
2. Cargos a desempeñar en réxime de dedicación parcial
1ª Tenente Alcalde: Dedicación (horas anuais): 720 horas. Retribución bruta anual: 16.000,00 euros.
2ª Tenente Alcalde: Dedicación (horas anuais): 720 horas. Retribución bruta anual: 16.000,00 euros.

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
DELEGACIÓNS POLA ALCALDÍA DE ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAL EN CONCELLEIROS/AS-DELEGADOS/AS
RESOLVO
1) Delegar nos/as seguintes Señores/as Concelleiros/as membros da Xunta de Goberno Local de xeito xenérico as seguintes áreas e materias de goberno municipal, comprendendo tales delegacións a facultade de dirixir os servizos correspondentes e xestionalos en xeral, mais con reserva para esta Alcaldía das atribucións indelegables en relación ás mesmas, da representación institucional neses ámbitos, da sinatura de escrituras públicas e convenios, e da facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros/as:
1.—Dª María Dolores Castiñeira Alén: Áreas de Formación e Emprego, Sanidade, Turismo, Comercio e Consumo, Parques e Xardíns.
2.—D. José Luis González Rodríguez: Economía e Facenda, Persoal, Réxime Interior, Tráfico e Seguridade.
3.—Dna. Teresa Pérez González: Benestar Social e Igualdade, Cultura, Festexos, Ensino e Normalización Lingüística.
4.—D. Cándido Lorenzo González: Vías e Obras, Servizos Municipais e Medio Rural.
2) Delegar de xeito específico a favor da Señora Concelleira non membro da Xunta de Goberno Local, Dª Carla Pérez Pérez a dirección interna e a xestión dos servizos de Medio Ambiente, Deportes, Xuventude, Voluntariado, Participación cidadá e Novas tecnoloxías; sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros/as, e tamén con reserva para esta Alcaldía das atribucións indelegables en relación a tales servizos, da representación institucional neses ámbitos e da sinatura de escrituras públicas e convenios.

CONCLELO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
COMPOSICIÓN, COMPETENCIAS E RÉXIME DE SESIÓNS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Conforme ao disposto no artigo 20 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, os municipios con mais de cinco mil habitantes contarán como órgano necesario con Xunta de Goberno Local.
Dito órgano integrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior a un terzo do número legal ( actualmente 7), sendo nomeados e separados libremente pola Alcaldia, correspondéndolle a asistencia ao Alcalde no exercicio das súas funcións, así como as atribucións que o Alcalde ou outro órgano municipal lle delegue, e lle puideran atribuír directamente as leis ( artigo 23 da lei 7/1985, e 52 e 53 do RD.2568/1986). As atribucións que se deleguen na Xunta de Goberno Local exerceranse de conformidade co previsto nos artigos 114 a 118 do RD.2568/1986.
Vistas as atribucións que corresponden á Alcaldia segundo o artigo 21 da Lei 7/1985, así como os concordantes da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, o RD.781/1986, polo que se aproba o Texto Refundido de disposicións legais vixentes en materia de Réxime local, en tanto non foran afectados polas modificacións efectuadas na Lei 7/1985, e demais normativa básica vixente, considerando unicamente aquelas atribucións e facultades delegables, esta Alcaldia no exercicio da competencia que lle outorga o artigo 44 do RD.2568/1986, RESOLVE:
Primeiro: Xunto o Alcalde-Presidente, integran a Xunta de Goberno local os seguintes 7 concelleiros:
— DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN
— D. ARGIMIRO SERÉN MERA
— DONA PAOLA MARÍA MOCHALES.
— D. LINO MOURIÑO SANTIAGO
— DONA SONIA OUTÓN CASAL
— D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN
— DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ
Segundo: A Xunta de Goberno Local celebrará Sesión ordinaria os luns ( ou dia hábil seguinte, de ser festivo) as 10:00 horas, en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria.
Así mesmo poderá celebrar sesión extraordinaria cando así o considere o Alcalde-Presidente.
BOE                             Descripción: boe         
02/07/2015
MINISTERIO DEL INTERIOR Cuerpo de Ayudantes de Instituciones Penitenciarias
Orden INT/1310/2015, de 25 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Ayudantes de Instituciones Penitenciarias.PDF (BOE-A-2015-7366 - 13 págs. - 251 KB) Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
02/07/2015
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Concello das Pontes de García Rodríguez

Concello de Ribadeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario