lunes, 11 de enero de 2016

CONCELLO DE MEAÑO CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZA DE OPERARIO ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

BOPPO Nº 5 DE 11 /01/2016
CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZA DE OPERARIO ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS.
A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 07-12-2015, aprobou as bases que regularan a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral, mediante a modalidade contractual de duración determinada por interinidade, para o desempeño de funcións propias do posto de traballo de operario encargado de obras e servizos municipais ata a súa cobertura con carácter laboral fixo.
O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse na páxina web do Concello de Meaño (www.concellodemeano.com) e tamén estarán a disposición das/os intersados/as na oficinas municipais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario