lunes, 11 de enero de 2016

BOLETINES 11/01/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
11/01/2016
CONCELLO DE CANGAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016
O Pleno da Corporación en sesión ordinaria de data do 29.12.2015, adoptou acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Cangas, integrado polo orzamento municipal, e o orzamento do Organismo Autónomo de Deportes, xunto co cadro de persoal para o exercicio 2016, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD Lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público na Secretaría Xeral do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as alegacións ou reclamacións que se considiren oportunas. De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE COVELO
APROBACIÓN INICIAL DO PRESUPOSTO DE 2016
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Presuposto Xeral para o exercicio económico de 2016 e Cadro de Persoal, en cumprimento do disposto no artigo 150,1 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría do Concello, por un prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o seguinte ó día de inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.

CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZA DE OPERARIO ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS.
A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 07-12-2015, aprobou as bases que regularan a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral, mediante a modalidade contractual de duración determinada por interinidade, para o desempeño de funcións propias do posto de traballo de operario encargado de obras e servizos municipais ata a súa cobertura con carácter laboral fixo.
O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse na páxina web do Concello de Meaño (www.concellodemeano.com) e tamén estarán a disposición das/os intersados/as na oficinas municipais.

CONCELLO DE REDONDELA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2016
Aprobado provisoriamente pola Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión extraordinaria do día 30 de decembro de 2015 o orzamento xeral correspondente ao exercicio do ano 2016, cumprindo o disposto nos artigos 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e do 20.1 do Real Decreto 500/1990 do 20 de abril, exponse ao público durante 15 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Durante o prazo indicado as persoas que teñan a consideración de interesados poderán examinar o expediente e presentar, por escito, reclamacións.
Se no período de exposición ao público non foran presentadas reclamacións, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado sen necesidade de novo acordo.
CONCELLO DE TOMIÑO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL 2016
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do día 28 de decembro de 2015, o Orzamento Xeral e o Cadro de Persoal para o exercicio 2016, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse aos interesados na Intervención deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP, para que os interesados poidan examinalo e formular as reclamacións que consideren pertinentes ante o Pleno.
BOE                             Descripción: boe    
11/01/2016

09/01/2016
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Cuerpo de Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos
Orden ECD/1/2016, de 5 de enero, por la que se corrigen errores en la Orden ECD/2851/2015, de 18 de diciembre, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema de acceso libre y por promoción interna, en el Cuerpo de Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos. PDF (BOE-A-2016-210 - 2 págs. - 160 KB)  Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
11/01/2016
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario