martes, 28 de abril de 2015

BOLETINES 28/04/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
28/04/2015
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES CONVOCATORIA DE 20 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do.24 de abril do 2015, acordou aprobar a convocatoria de 20 bolsas para a realización de labores de información turística, entre outras, nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 20 bolsas de práctica laboral destinadas a graduados ou diplomados en Turismo, técnicos superiores en Información e Comercialización Turística e técnicos superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística, entre outras, nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos:
• 12 bolsas de tres meses de duración desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro de 2015, para os concellos de Arbo, Covelo, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Marín, Moaña, Meis (Armenteira), Oia, Ponteareas (castelo do Sobroso), Silleda, Soutomaior (castelo de Soutomaior)
• 8 bolsas de catro meses de duración desde o 15 de xuño ata o 15 de outubro de 2015, para os concellos de Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Nigrán, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa
BOE                             Descripción: boe         
28/04/2015
DOG                              Descripción: dog
28/04/2015
Academia Galega de Seguridade Pública


Escola Galega de Administración Pública





CONCELLO DE OLEIROS
ANUNCIO de modificación das bases específicas da convocatoria para cubrir tres prazas de policía local.
No BOP da Coruña núm. 53, do 19 de marzo de 2015, publicouse a modificación das bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir tres prazas de funcionarios de carreira, pertencentes á escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, subgrupo C1, polo sistema selectivo de oposición libre e que foron publicadas no BOP da Coruña núm. 234, do 5 de decembro de 2014. Esta convocatoria específica, da que xa fora publicado un anuncio no DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2010, publicadas no BOP da Coruña núm. 72, do 20 de abril de 2010, e a súa modificación no BOP núm. 113, do 17 de xuño de 2010. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario