miércoles, 2 de octubre de 2013

BOLETINES 02/10/2013

BOP
02/10/2013
DEPUTACION DE PONTEVEDRA
A DEPUTADA DELEGADA EN MATERIA DE PERSOAL, EN VIRTUDE DAS COMPETENCIAS DELEGADAS DA PRESIDENCIA, DITA A SEGUINTE RESOLUCIÓN:
No Boletín Oficial da Provincia nº 150 de data 7 de agosto de 2013 publicouse a convocatoria do I Plan de práctica laboral da Deputación Provincial en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra, destinado a titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral.
Dita convocatoria establecía un prazo de vinte días hábiles para a presentación de solicitudes, que foi ampliado con posterioridade en dez días hábiles (BOP nº 166 de data 30 de agosto de 2013), finalizando o 12 de setembro de 2013.
CONCELLO DE CANGAS   A N U N C I O
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA RELATIVA AO CUMPRIMENTO DA SENTENZA Nº 6/2013 DE DATA 07/01/2013DITADA POLO XULGADO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO N.º 3 DE PONTEVEDRA NO PROCEDEMENTO ABREVIADO 218/2011 (X-11/31).
O proceso de selección de catro policías locais (tres por oposición libre e unha por mobilidade)convocado por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas de data 06/05/2009 foi suspendido en base a resolución de Alcaldía de data 09.12.2010 o que motivou a interposición de recurso contencioso administrativo por un dos aspirantes.
CONCELLO DE VILABOA  A N U N C I O
Por Decreto da Alcaldía nº 378/2013 de data 5 de setembro de 2013, acordouse anular a convocatoria do proceso selectivo dunha praza de policía local, aprobada por decreto da Alcaldía de data nº 498/2010 de data 22/10/2010, e publicada Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de data 24/11/2010 O que se  publica para xeneral coñecemento.
MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO BUEU–CANGAS–MOAÑA
A N U N C I O
A Asemblea da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, en sesión extraordinaria de data do 23.09.2013, adoptou acordo de aprobación inicial do seu Orzamento Xeral, xunto co cadro de persoal para o exercicio 2014, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD Lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público na Secretaría da Mancomunidade (Concello de Cangas), polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as alegacións ou reclamacións que se consideren oprtunas. De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.
BOE 02/10/2013  
DOG
02/10/2013
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario