miércoles, 20 de febrero de 2013

BOLETINES 20/02/2013


BOE
20/02/2013

BOP
20/02/2013
DIPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
CONVOCATORIA DE 34 BOLSAS PARA AS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS
Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 15 de febreiro do ano 2013, acordou aprobar a convocatoria de 34 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes:
B A S E S
PRIMEIRA. OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 34 bolsas de práctica laboral destinadas a Técnicos Superiores de Turismo, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos:
— 18 BOLSAS DE TRES MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Pontecaldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova.
— 16 BOLSAS DE SEIS MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía.
 
CONCELLO DE COTOBADE A N U N C I O
O Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de data 06 de febreiro de 2013 aprobou con carácterdefinitivo o Orzamento Xeral do Concetlo de Cotobade para o exercicio 2013 así como o cadro de persoal, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas faise público que o orzamento municipal do Concello de Cotobade para o exercicio 2013 resumido por capítulos, correspondendo a cada capítulo as seguintes cantidades:
 DOG
20/02/2013
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario