jueves, 7 de febrero de 2013

BOLETINES 07/02/2013

BOE
07/02/2013
BOP
07/02/2013
CONCELLO DE V I G O E D I C T O
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión celebrada o 30 de xaneiro de 2013, aprobou con carácter definitivo o Orzamento Xeral do Concello, que deberá rexir durante o exercicio de 2013, así como os dos seus Organismos Autónomos (Instituto municipal dos Deportes, Vigo-Zoo, Escola municipal de Artes e Oficios e Xerencia de Urbanismo), cos resumes por capítulos, así como o estado de consolidación dos mesmos tal e como se achega.

CONCELLO DE BAIONAA N U N C I O
Aprobadas por Resolución da Alcaldía en funcións de data 31/01/2013 as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de Técnico superior en información e comercialización turística incluida na  plantilla de persoal funcionario interino para a substitución dunha funcionaria de baixa por enfermidade e posterior permiso de maternidade, e as correspondentes vacacións, e a acumulación do permiso de lactancia de producirse, e de conformidade co disposto no artigo 10 do Estatuto Básico da función pública e no artigo 8 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia. Polo exposto procédese a publicación do anuncio os efectos de que os interesados presenten as suas solicitudes no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no B.O.P. e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na páxina www.baiona.org.

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, de data trinta de xaneiro de dous mil trece, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico dous mil trece, de acordo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non son presentadas reclamacións

CONCELLO DE A ESTRADA A N U N C I O
O Pleno deste Concello, na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2013, aprobou nun principio o Orzamento municipal para 2013 e o Cadro de Persoal do Concello, que quedan expostos ó publico na Intervención municipal durante o prazo de quince días, para que os interesados poidan examinar os documentos e presentar reclamacións ante o Pleno, de conformidade do disposto nos artigos 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 126 do R. Decreto Lexislativo 781/1986 do 28 de abril.

CONCELLO DE PONTE CALDELAS A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria de 31 de xaneiro de 2013 o Orzamento Xeral para o exercicio económico de 2013 e a Plantilla para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169 del Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría do Concello, por un prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o seguinte ó día de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo os interesados poidan examinalo e poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas ante o Pleno. Se durante este prazo non se presentaran reclamacións o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.
 DOG
07/02/2013
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


No hay comentarios:

Publicar un comentario