viernes, 1 de febrero de 2013

BOLETINES 01/02/20103

BOE
01/02/2013
BOP
01/02/2013
CONCELLO DE LALIN A N U N C I O
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria e mailas bases que rexerán o proceso para cubrir dúas prazas de técnico de administración xeral. O texto íntegro das bases que rexerán este proceso é o seguinte:
BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DUN PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIRDÚAS PRAZAS DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA 2010.

CONCELLO DE MONDARIZ E D I C T O
Aprobado inicialmente, en sesión plenaria celebrada o pasado 26 de xaneiro de 2013, o orzamento municipal para este ano 2013, xunto coas bases de execución do mesmo, e a plantilla e cadro do persoal
do Concello de mondariz; en cumprimento do disposto no artigo 169 do T.r.2/2004 da Lei reguladora de Facendas Locais, se expón ó público, por prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no BoP, durante o cales, os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións
ante o Pleno da Corporación.
Dacordo co disposto no artigo 169.1 do T.r.2/2004 da Lei reguladora de facendas Locais, e tal e como se recolle expresamente no acordo de aprobación inicial, de non presentarse reclamacións en prazo, se elevará a definitivo o acordo inicial, debendo publicarse, resumido por capítulos no BOP, para a súa entrada en vigor. Mondariz, 28 de xaneiro de 2013.—o Alcalde, Julio Alén Montes.

CONCELLO DE VILA DE CRUCES E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 24 de Xaneiro de 2013, o orzamento municipal para o exercicio 2013, Bases de execución, Cadros de Persoal, e Cadros de retribucións, exponse ao público no Departamento de intervención deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo, se poidan presenta-las reclamacións que se estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes. en caso de non haber reclamacións considerarase aprobado definitivamente. Vila de Cruces, a 28 de xaneiro de 2013.—o Alcalde, Jesús otero Varela.
 DOG
01/02/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario