lunes, 11 de febrero de 2013

BOLETINES 11/02/2013

BOE
11/02/2013
BOP
11/02/2013
CONCELLO DE MEAÑO A N U N C I O
Aprobada pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 5 de febreiro de 2013 unha corrección de erros as Bases Xerais e Específicas que regulan a convocatoria para a provisión en réxime de persoal laboral fixo a tempo parcial dunha praza de arquitecto, faise pública para xeral coñecemento.
Corrección de erros á Base oitava das Bases xerais e específicas que regulan a convocatoria para a provisión en réxime de persoal laboral fixo a tempo parcial dunha praza de arquitecto, quedando o apartado “III PRESENTACIÓN DE MEMORIA” e “B) entrevista como seguen:
PRESENTACIÓN DE MEMORIA
Os aspirantes presentaran unha memoria orixinal e asinada, redactada integramente no idioma galego por aqueles aspirantes que non acrediten posuír o certificado de perfeccionamento do idioma Galego ou Celga 4, na que se abordarán os seguintes apartados:
a) Exposición curricular
b) Descripción da situación urbanística do Concello de Meaño, que abrangará o medio físico, infraestruturas, ordenación vixente e propostas de ordenación.
c) Organización das funcións a desenvolver na plaza a que aspira.
A memoria presentarase xunto coa instancia de solicitude e a documentación relativa aos méritos.
Cualificarase de 0 a 3 puntos.
Os aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega coa presentación do certificado de perfeccionamento do idioma Galego ou Celga 4, poderán elixir a lingua galega ou a lingua castelán para a redacción desta memoria.”
B) ENTREVISTA
De carácter obrigatorio para os/as aspirantes que acaden unha puntuación mínima de 8 puntos no apartado de baremación de méritos, quedando descartados os aspirantes que non acaden esta puntuación mínima.
A entrevista persoal poderase desenvolver en lingua galega ou castelá e versará sobre o contido da memoria presentada.
Valorarase de 0 a 2 puntos.

 DOG
11/02/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario