viernes, 13 de marzo de 2015

BOLETINES 13/03/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/03/2015
CONCELLO DE PONTECESURES
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO XERAL E RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2015.
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 9 de marzo de 2015, o ORZAMENTO XERAL e a Relación de Postos de Traballo para o exercicio económico 2015, exponse ao público na Secretaría deste Concello durante quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia, a efectos de reclamacións, de conformidade co disposto no art. 169.1 do RDL 2/2004, de 5 marzo, e disposicións concordantes.

CONCELLO DE PONTEAREAS
APROBACION DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL RELATIVO A DIRECTORA PEDAGÓXICA CON DESTINO A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
A Corporación Municipal en sesión celebrada o 18-11-2014 acordou:
— Desestimar a reclamación presentada polo CSIF con rexistro nº 9742,do 20-10-14,contra o acordo da Corporación Municipal adoptado en sesión plenaria do 16-09-14 de modificación de plantilla.
— Aprobar definitivamente a modificación da plantilla de persoal con respecto á praza 1.11.17 recollida no convenio colectivo no grupo I,e sexa catalogada como grupo I-II,podendo ser ocupada indistintamente por persoal do grupo I ou II que cumpran os requisitos de titulación esixidos pola orde,percibindo o salario base correspondente ao grupo de Titulación do traballador que ocupe a praza,e o complemento de categoría sería o mesmo independentemente de que fose do grupo I ou II.-
RECURSOS.-Contra a presente disposición xeral os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia,ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

CONCELLO DE REDONDELA
BASES XERAIS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS E BASES ESPECÍFICAS PARA A COBERTURA DAS PRAZAS DA OPE 2014.
BOE                             Descripción: boe         
13/03/2015
Orden HAP/416/2015, de 2 de marzo, por la que, en cumplimiento de resolución estimatoria de recurso se adjudica puesto de trabajo en relación al concurso de méritos convocado por Orden HAP/712/2013, de 18 de abril. PDF (BOE-A-2015-2676 - 2 págs. - 146 KB)  Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
13/03/2015
CONCELLO DE FERROL
ANUNCIO do extracto de nova convocatoria de dúas prazas da Policía Local.
No BOP número 154, do día 14 de agosto de 2013, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de dúas prazas da Policía Local.
Con data do 2 de marzo de 2015 publicouse no BOP número 40 un anuncio relativo á revogación da base terceira b) das citadas bases específicas, á suspensión da data de realización da primeira proba (anunciada no BOP do 18 de febreiro) e ao acordo de publicar unha nova convocatoria.
A presentación de solicitudes para participar na nova convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario