miércoles, 4 de marzo de 2015

BASES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA 2015.

BASES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA 2015.


 BASES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA 2015 

A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2015 campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada para os menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra.
 A cobertura das prazas dispoñibles establecerase conforme ás seguintes bases reguladoras: 
 Obxecto A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, oferta para o ano 2015 os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, actividades ó aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e calquera outra que contribuía a ese obxectivo. 
Os campamentos distribuiranse en 11 quendas que terán lugar nas seguintes datas:

• Primeira quenda: do 21 ó 27 de xuño 
• Segunda quenda: do 28 de xuño ó 4 de xullo 
• Terceira quenda: do 5 ó 11 de xullo 
• Cuarta quenda: do 12 ó 18 de xullo 
• Quinta quenda: do 19 ó 25 de xullo 
• Sexta quenda: do 26 de xullo ó 1 de agosto
• Sétima quenda: do 2 ó 8 de agosto 
• Oitava quenda: do 9 ó 15 de agosto 
• Novena quenda: do 16 ó 22 de agosto 
• Décima quenda: do 23 ó 29 de agosto 
• Undécima quenda: do 30 de agosto ó 5 de setembro A realización da derradeira quenda queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar.
. 
Lugar de recollida dos impresos 

Os impresos estarán a disposición dos interesados na Oficina de Información ó Cidadán da Deputación e na web www.depo.es.

Documentación Xunto co impreso debidamente cuberto deberase presentar a seguinte documentación: 
- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor 
- Fotocopia do DNI do menor ou, no caso de que non o teña, do libro de familia
 - Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado do menor 
- Certificado ou volante de empadroamento 
- Fotocopia do libro de vacinas do menor 

Lugar de presentación
 As solicitudes e a documentación requirida poden presentarse no Rexistro xeral do organismo provincial: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres) Tamén nos rexistros da Administración xeral do Estado, da Comunidade Autónoma, así como a través dos demais xeitos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)
 27 de febreiro do 2015 e rematará o 1 de abril do 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario