miércoles, 6 de junio de 2018

CSIF esixe que se faga extensiva a todos os empregados públicos a subida salarial xa prevista para algúns colectivos de determinadas Consellerías

CSIF esixe que se faga extensiva a todos os empregados públicos a subida salarial xa prevista para algúns colectivos de determinadas Consellerías

CSIF esixe a Función Pública que faga extensivo a todos os empregados públicos os incrementos de niveis e salarais previstos xa para algúns colectivos de determinadas Consellerías.
Na Comisión de Persoal do pasado 15 de maio de 2018, e con respecto ao persoal (tanto funcionario como laboral) que realiza funcións de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acordouse a implantación cun Complemento Específico Diferencial 1.120 €/ano para o persoal funcionario e de 1.440 €/ano para o persoal laboral.
Por outra banda, no referente ao colectivo de funcionarios pertencentes ás Escalas de Axentes Forestais, Axentes facultativos medioambientais e Axentes técnicos en xestión ambiental das Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, estase a negociar incrementos do Complemento de Destino que, como mínimo, consistirá no incremento no ano 2019 dos niveis 14, 16 e 18 ao niveis 15, 17 e 19 e no ano 2021 o incremento deses niveis 15, 17 e 19 aos niveis 16, 18 e 20.
 Así mesmo, a proposta mínima da Administración contempla un incremento do Complemento de  Produtividade do 50%, pasando esta pasando esta de 255 €/mes a 383 €/mes.
Ditos acordos, que veñen fundamentados ao maior esforzo e implicación dos citados colectivos no desenvolvemento das súas tarefas ordinarias, son apoiados e defendidos por CSIF como non podía ser doutro modo; e cando non o son é porque o colectivo afectado os considera insuficientes.
Neste senso, CSIF remitiu o pasado 30 de maio de 2018 un escrito á Dirección Xeral de Función Pública solicitando a inmediata apertura de negociacións para que os incrementos das retribucións complementarias que se están a aplicar a determinados colectivos se fagan extensivas a todo o persoal (funcionario e laboral) e poñer así fin ás discriminacións salariais entre os empregados da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.
  • Carta remitida á DXFP ⇒ Escrito

No hay comentarios:

Publicar un comentario