miércoles, 27 de junio de 2018

Criterios da Mutua Gallega para a consideración de accidente in itinere por desprazamento do persoal da Xunta

Criterios da Mutua Gallega para a consideración de accidente in itinere por desprazamento do persoal da Xunta
26 de Junio de 2018

Información respecto dos criterios xerais que ten establecida a Mutua Gallega á hora de catalogar un posible accidente in itinere a raíz do desprazamento efectuado polo persoal da Xunta en diferentes casuísticas (permisos, flexibilidade horaria).
CONSIDERACIÓNS PREVIAS:
Dende CSIF solicitamos, a través do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, a comparecencia de representantes da Mutua Gallega (entidade xestora da cobertura por accidente laboral e enfermidade profesional do persoal da Xunta) para que nos trasladasen os criterios que empregan á hora de catalogar como accidente in itinere aqueles accidentes que se poidan xerar nos desprazamentos como consecuencia do desfrute de diversos permisos en horario laboral, así como para os casos daquel persoal que teña un horario en réxime de flexibilidade automática ou por conciliación.
O accidente in itinere é un concepto xurídico indeterminado que está sendo constantemente modulado e interpretado pola diversa xurisprudencia en función da variada casuística acaecida a partir dunha serie de requisitos básicos:
  1. Que o dano ocasionado polo desprazamento deba ser consecuencia directa ou indirecta do traballo.
  2. Que exista un nexo causal entre o traballo e o accidente sufrido atendendo a un elemento cronolóxico (o horario previsto para a ida ou volta ó traballo), un elemento xeográfico (o traxecto habitual ou normal do percorrido), un elemento de idoneidade (medio de transporte razoable e adecuado) e un elemento teleolóxico (a finalidade do percorrido determinada polo traballo).
Achegamos neste documento os criterios xerais que emprega a referida mutua para cualificar os diversos supostos como accidente in itinere, coa única finalidade de que os traballadores e traballadoras da Xunta poidan coñecer e/ou sopesar as consecuencias e afectacións destes desprazamentos, sen que isto supoña, en absoluto, unha aceptación destes criterios por parte da CSIF.
Por todo o expresado con anterioridade, a información contida nesta documento ten carácter única e exclusivamente informativo, sen que en ningún caso poida considerarse como aplicación ou interpretación oficial da normativa, regulamentación e xurisprudencia existente respecto desta materia. Do mesmo xeito, hai que ter en conta que os criterios xerais que se achegan dan resposta ás casuísticas xenéricas formuladas, pero non serven de referencia para casuísticas, incidencias ou particularidades que poidan xurdir no desfrute dun determinado permiso.
CRITERIOS XERAIS DA MUTUA GALLEGA RESPECTO DA CONSIDERACIÓN DE ACCIDENTE IN ITINERE
CASUÍSTICA
CARACTERÍSTICAS
CONSIDERACIÓN DE ACCIDENTE IN ITINERE
Desfrute de permisos que poden implicar a saída e/ou regreso ó traballo nunha franxa horaria laboral diaria (Todos aqueles permisos para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis de asistencia a consultas e revisións médicas, asistencia a exames, e outros análogos)
A mutua entende que estes desprazamentos, aínda que se producen en horario laboral, non son consecuencia ou causados polo exercicio do traballo
NON
Asistencia a cursos de formación obrigatorios, ben sexa en horario laboral ou fora do horario laboral: Implica a asistencia a cursos de formación no que os traballadores están obrigados a asistir en virtude dunha orde ou imposición establecida pola propia Administración.
Require acreditación ou certificación de dita obriga por parte do traballador ante a mutua.
SI
Asistencia a cursos de formación, independentemente de que sexan impartidos ou non pola propia Administración (por exemplo, a EGAP) , non tendo o carácter de obrigatorios nin son realizados en horario laboral
A mutua entende que non é unha obriga a asistencia a estes cursos e que tampouco se produce en horario laboral
NON
Asistencia a cursos de formación impartidos pola propia Administración (por exemplo, a EGAP), relacionados co traballo e que sexan realizados en horario laboral e autorizados pola Administración (aínda que non teñan carácter de obrigatoriedade)
Require acreditación ou certificación da referida autorización por parte do traballador ante a mutua.
SI
Posibilidade de asistir ó traballo en horario diferente ó habitual por ter concedida unha modalidade de flexibilidade horaria (automática ou por conciliación
A mutua informa que neste caso está supeditada ó estudo do caso concreto. Non ten establecido un criterio xeral.
Valoración específica Mutua

ENLACES WEB COMPLEMENTARIOS DE INTERESE

No hay comentarios:

Publicar un comentario