jueves, 14 de septiembre de 2017

BOLETINES 14/09/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
14/09/2017
CONCELLO DE Arbo

CONCELLO DE Baiona

CONCELLO DE Crecente


CONCELLO DE Mos

CONCELLO DE Ponteareas


CONCELLO DE Soutomaior
APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DE VENDA AMBULANTE DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR. PDF



DOG                                             Descripción: dog                                                         
14/09/2017
Academia Galega de Seguridade Pública


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DECRETO 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018.
O artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación de xornadas de traballo, xornadas especiais e descanso, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas destas festas de ámbito estatal, as comunidades autónomas teñen facultades de opción e tamén poderán substituír, cando haxa festas estatais que coincidan con domingo, incorporando outras da comunidade autónoma que lles sexan tradicionais.
O calendario laboral para o ano 2018 presenta unha situación excepcional, xa que ningunha das festas estatais de carácter obrigatorio coincide con domingo, e ao non poder establecer no seu lugar ningunha das nosas festas tradicionais engádese unha festa máis con carácter de recuperable, aproveitando as posibilidades que permite o artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, para poder así conmemorar o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.
Así mesmo, facendo uso da facultade atribuída polo artigo 45.3 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma e para o ano 2018 óptase pola Festa de Santiago Apóstolo, Día Nacional de Galicia.
Segundo o establecido na Constitución española e no artigo 29.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, na súa virtude e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de setembro de dous mil dezasete,
DISPOÑO:
Artigo 1. Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018
De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 serán as seguintes:
1 de xaneiro
Aninovo
6 de xaneiro
Día de Reis
29 de marzo
Xoves Santo
30 de marzo
Venres Santo
1 de maio
Festa do Traballo
17 de maio
Día das Letras Galegas
25 de xullo
Día Nacional de Galicia
15 de agosto
A Asunción
12 de outubro
Día da Hispanidade
1 de novembro
Todos os Santos
6 de decembro
Día da Constitución
8 de decembro
A Inmaculada
25 de decembro
Nadal

As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable, agás o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terá carácter recuperable.
Artigo 2. Festas locais
Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 3. Cómputo de prazos
De acordo co que dispón o artigo 30.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as festas laborais sinaladas no artigo 1 terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.
Disposición derradeira primeira. Comunicación ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social
Do disposto no presente decreto darase traslado ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social antes do 30 de setembro de 2017.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto producirá efectos desde o día un de xaneiro do ano dous mil dezaoito.
Santiago de Compostela, sete de setembro de dous mil dezasete



BOE                                                          Descripción: boe  
14/09/2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Personal laboral
Resolución de 8 de septiembre de 2017, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se corrigen errores en la de 1 de agosto de 2017, por la que se aprueba la relación de aspirantes admitidos y excluidos y se anuncia lugar, fecha y hora de celebración del primer ejercicio de la fase de oposición del proceso selectivo para el ingreso, por acceso libre, como personal laboral fijo con las categorías de Titulado Superior de Gestión y Servicios Comunes, Titulado Superior de Actividades Técnicas y Profesionales, Titulado Superior de Actividades Específicas, Titulado Medio de Gestión y Servicios Comunes, Titulado Medio de Actividades Específicas, Técnico Superior de Gestión y Servicios Comunes, Técnico Superior de Actividades Técnicas y Profesionales, Oficial de Gestión y Servicios Comunes, Oficial de Actividades Técnicas y Profesionales, Oficial de Actividades Específicas, Ayudante de Gestión y Servicios Comunes y Ayudante de Actividades Técnicas y Profesionales en el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte y sus Organismos Autónomos. PDF (BOE-A-2017-10514 - 7 págs. - 428 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario