miércoles, 30 de noviembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 30/11/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/11/2016
CONCELLO DE  NIGRÁN
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL POLICÍA (2014.04PS) ANUNCIO
Asunto: Proceso cobertura dunha praza de oficial da policía local, polo procedemento de concurso-oposición promoción interna, con carácter de funcionario de carreira
Expte. nº: 2014/04 ps
En relación á convocatoria do proceso para a selección dunha praza de Oficial de Policía Local con carácter de funcionario de carreira e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas mediante resolución de data 22/02/2016 e publicadas no BOPPO núm. 42 de 02/03/2016, esta Alcaldía-Presidencia mediante decreto de data 18/11/2016 resolve aprobar e elevar a seguinte lista de admitidos definitiva, dado que dos aspirantes presentados non resulta ninguén excluído provisionalmente.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A) LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS:
APELIDOS E NOME
1
DE LA PEÑA COSTA, TEODORO
2
GONZALEZ CASTRO, MANUEL DAVID
3
NOVAS FERNANDEZ, JOSE MANUEL
4
PARCERO PAZ, MANUEL
SEGUNDO.—O Tribunal Cualificador quedará integrado polos seguintes membros:
Presidente/a:D. José Manuel Vázquez Varela como titular e D. Manuel Alonso Comesaña, como suplente.
Vogais titulares:
— D. Modesto Solla Sanz
— D. Manuel Aguado Taboada
— D. Ramón Pérez Rodríguez
— Dona Mª Ángles Garrido Domínguez
Vogais suplentes:
— D. Enrique García silva
— D. Francisco J. Álvarez Ferreira
— D. José Luis Olazabal Ibars
— D. Lois Casas Curro
Secretaria: Dna. Susana Durán Martínez como titular e Dna. Aurora De Castro Valverde como suplente.
O Tribunal reunirase previamente a efectos de valoración de méritos da fase concurso, de ser posible o día 02/12/2016.
A pertenza dos anteriores membros a este órgano de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse ésta en representación ou por conta de ninguén. Así mesmo estarase ao establecido segundo o Decreto 243/2008, de 16 de outubro, en relacion co art. 34 da Lei 4/2007, de coordinación de policía locais de Galicia e coas modificacións devenidas do establecido no Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o Texto Refundido de la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e demais normativa aplicable a esta materia.
TERCEIRO.—A data prevista para a realización do primeiro exercicio (test) será o vindeiro día 12 de decembro de 2016 (luns) as 12:30 horas no Auditorio Municipal do Concello. Os aspirantes deberán vir provistos do Carné de Identidade en vigor (DNI).
CUARTO.—Publicar a presente resolución no BOPPO e no taboleiro de anuncios do Concello para o xeral coñecemento.
QUINTO.—Indicar que esta resolución pon fin á vía administrativa polo que contra a mesma cabe interpoñer potestativamente RECURSO DE REPOSICION, no prazo dun mes, ante o mismo órgano que a dictou, ou interpoñer directamente RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segun a distribución de competencias que se conten na lei 29/1998 do 13 de xullo, no prazo de dous meses a contar dende a notificación. Todo sin prexuizo de que poida exercitar, no seu caso, calquera outro recurso que estime procedente.

CONCELLO DE  RODEIRO
EDICTO DE APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO DE 2016 E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2016, o orzamento xeral para o exercicio económico de 2016, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo o que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría do Concello polo prazo de quince días hábiles – que empezará a contarse dende o seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia – a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que sexan pertinentes, dirixidas ao Sr. alcalde-presidente do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario