lunes, 28 de noviembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 28/11/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
28/11/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERRO, CONVOCATORIA POSTO DE DIRECTOR DE MOBILIDADE
CONVOCATORIA POSTO DE DIRECTOR DE MOBILIDADE
Advertido un erro nas bases da convocatoria do posto de director de Mobilidade, publicadas no boletín Oficial da Provincia nº 226, de data 25 de novembro de 2016, o abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, procedese a súa rectificación, no senso que na base primeira, último parágrafo
Onde di:
“Segundo se establece na relación de postos de traballo de persoal directivo, publicada no Boletín Oficial da Provincia de 30 de decembro de 2015, a provisión do referido posto está reservada a persoal funcionario e laboral fixo das Administracións Públicas”.
Debe dicir:
“Segundo se establece no regulamento orgánico da Deputación de Pontevedra, a provisión do referido posto está reservada ás persoas que reúnan as condicións sinaladas na base segunda”.

APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2017
O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do 25 de novembro de 2016, acordou a aprobación inicial do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio de 2017, que comprende:
• O orzamento da Deputación de Pontevedra, por importe de 152.382.200,00 euros
• O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 498.241,00 euros
• O orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, por importe de 3.285.600,00 euros
• O orzamento do Consorcio contra Incendios e Salvamento das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, por importe de 831.030,00 euros
• O Orzamento xeral consolidado, tanto en ingresos coma en gastos, por importe de 155.444.192,00 euros
• As bases de execución do Orzamento xeral da Deputación, e as específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e as do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e do Consorcio contra Incendios e Salvamento das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• O organigrama da Deputación, o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e os do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e do Consorcio contra Incendios e Salvamento das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• Os cadros de persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros de persoal laboral e eventual da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e do Consorcio contra Incendios e Salvamento das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• O anexo de investimentos para o exercicio 2017
• O Plan (marco) orzamentario a medio prazo 2017-2020
• O límite de gasto non financeiro para o período 2017-2020
Estes orzamentos, en conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedan expostos ao público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra.
O que se fai público para o seu coñecemento e demais efectos.

CONCELLO DE  MEAÑO
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CUBRIR, EN RÉXIME DE INTERINIDADE, UNHA PRAZA DE OPERARIO.
A Xunta de Goberno Local, en sesión de data 14 de novembro de 2016 acordou aprobar as bases que regulan a convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de operario pertenente ao Grupo: E.
O procedemento de selección é mediante o sistema de concurso-oposición.
O período de presentación de instancias será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse na páxina web do Concello de Meaño (www.concellodemeano.com) e tamén está a disposición dos/as interesados/as nas oficinas municipais.

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO
CONTA XERAL 2015 DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO ANUNCIO
En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez sometida a informe da Comisión Especial de Contas en data 10 de novembro de 2016, exponse ao público a conta xeral da MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO PARA O EXERCICIO 2016.
A Asemblea da mancomunidade, en sesión celebrada o pasado día 28 de marzo de 2016 aprobou, con carácter inicial, o Orzamento Xeral da Corporación para o exercicio 2016, polo importe global de 3.813.792,67 euros.
Devandito expediente permaneceu exposto ao público durante quince días hábiles, nas dependencias da Intervención Municipal, publicándose anuncio no Boletín Oficial da Provincia número 66 de 7 de abril de 2016.
Durante o período de exposición pública indicado, que se iniciou o día 8 de abril de 2016.e rematou o 26 de abril de 2016.presentouse con data 22 de abril de 2016 unha reclamación contra a aprobación do citado expediente, unha vez informadas as mesma pola Intervención e pola Comisión de Contas da entidade en sesión de dez de novembro actual procedeuse a rexeitar a mesma mediante o acordo da Asemblea celebrado o día 17 de novembro de 2016, aprobando, con carácter definitivo, o Orzamento Xeral da Mancomunidade dos Concellos do Morrazo para o exercicio 2016,
En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 20.3 do referido R.D. 500/90 e 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise pública a aprobación definitiva do expediente de Orzamento Xeral desta entidade, para exercicio 2016, cuxo resumo por capítulos é o seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario