04/11/2016
DEPUTACIÓN
PROVINCIAL
ACORDO COLECTIVO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA SOBRE XORNADA LABORAL, VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E
DURACIÓN MÁXIMA DAS CONTRATACIÓNS LABORAIS
ACORDO COLECTIVO PARA
PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SOBRE XORNADA
LABORAL, VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E DURACIÓN MÁXIMA DAS CONTRATACIÓNS
TEMPORAIS
Por acordo adoptado no
Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 28 de outubro do 2016,
aprobouse un novo acordo para persoal funcionario e laboral da Deputación
Provincial de Pontevedra sobre xornada laboral, vacacións, permisos, licencias
e duración máxima das contratacións laborais temporais.
Conforme o disposto no
artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, sometese a información pública e
audiencia dos posibles interesados para poderen formular reclamacións e
suxestións no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da
súa publicación no BOPPO.
De non presentarse
ningunha reclamación ou suxestión enténdese aprobada definitivamente a nova
regulación.
CONCELLO DE PONTEVEDRA
LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E DATA DO PRIMEIRO EXAME PRAZAS
POLICÍA LOCAL OEP 2015 ANUNCIO
“RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO
DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PERSOAL E PATRIMONIO POLA
QUE SE APROBA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E SE
FIXA A DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR
TRES PRAZAS VACANTES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA POLA QUENDA
LIBRE INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2015
Por Resolución do
concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e
Patrimonio publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 193 de data
07/10/2016, fixéronse públicas as listas provisionais de aspirantes admitidos e
excluídos e a composición do tribunal do proceso selectivo convocado para
cubrir tres prazas vacantes de policía local no Concello de Pontevedra pola
quenda libre incluídas na Oferta Emprego Pública do ano 2015.
De conformidade co
previsto nas Bases reguladoras da convocatoria, unha vez examinadas as
reclamacións presentadas dentro do prazo,
RESOLVO:
Primeiro.—Aprobar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos do
proceso selectivo convocado, coas seguintes modificacións en atención as
reclamacións presentadas dentro do prazo:
PRAZA: POLICÍA
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DA POLICÍA LOCAL OEP 2010-2011
Anuncio do acordo
relativo á rectificación das bases específicas da convocatoria de prazas de
policía local
A Xunta de Goberno
Local, en sesión extraordinaria e urxente do día 14 de outubro de 2016, adoptou
acordo relativo á modificación das Bases Reitoras Específicas da convocatoria
correspondente a vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda libre
e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240 de 18 de decembro
de 2013 e no DOG nº 245, do 24 de decembro, así como unha primeira modificación
das mesmas no BOP nº 128, de 7 de xullo de 2015 e no DOG nº 182, de 23 de
setembro de 2015, incluídas na Oferta de Emprego Público correspondente aos
anos 2010-2011:
“Primeiro.—Proceder á modificación do apartado b) da Base IV.1 -Condicións dos e das
aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de
23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda
de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da
CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Superar os 18 anos
de idade e, para o caso dos/das aspirantes que se presenten pola quenda de
mobilidade horizontal, faltar como mínimo 12 anos para pasar á situación de
segunda actividade con destino por razón da idade”.
Segundo.—Proceder á modificación do apartado e) da Base IV.1 -Condicións dos e das
aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de
23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda
de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da
CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Ser titular dos
permisos de conducir das clases A2 e B, segundo disposto no Decreto 77/2010, de
29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que
desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
Deberase achegar copia compulsada dos ditos permisos”.
Terceiro.—Proceder á modificación do apartado i) da Base IV.1 -Condicións dos e das
aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de
23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda
de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da
CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Os aspirantes ás
prazas de Policía Local definitivamente admitidos deberán presentar perante o
Órgano de Selección, na data de realización do primeiro exercicio (probas
físicas), certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por
colexiado en exercicio e, que non superará un máximo de tres meses dende a súa
expedición, ao obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar
expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións
físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos
exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da
oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte
no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa
redacción a estes conceptos (ANEXO IV das Bases). A non presentación do
referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.”
Cuarto.—Acordar que as referidas modificacións se publiquen no Boletín Oficial da
Provincia, no Diario Oficial de Galicia e e no Taboleiro de Editos da Casa do
Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns
oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal
www.vigo.org”.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de
reposición no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao da súa
notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante
o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses dende o
día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme,
nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei
29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario