jueves, 9 de enero de 2014

BOLETINES 09/01/2014

BOP
09/01/2014
CONCELLO DE CRECENTE E D I C T O
Polo Pleno desta Corporación de data 4 de decembro de 2013, aprobouse provisionalmente o Presuposto municipal, así como a relación de postos de traballo correspondente ao exercicio 2014, que resultou definitivo ao non se presentar ningunha reclamación durante o período de exposición pública (segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 237 de data 11 de decembro de 2013).

CONCELLO DE FORCAREI E D I C T O
Aprobado inicialmente o Orzamento xeral para o exercicio económico de 2014, na sesión ordinaria celebrada polo Pleno do Concello o día 26 de decembro de 2013 , de conformidade co recollido no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, exponse ó público na secretaría deste Concello por prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, durante o que, os interesados, poderán examinalo e presentar as reclamacións que estimen pertinentes ante o Pleno do Concello.
O Presuposto considerarase definitivamente aprobado se durante o dito prazo non se presentasen reclamacións contra o mesmo

CONCELLO DE GONDOMAR
BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA DIRECTOR/A DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE GONDOMAR POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICION.

CONCELLO DE NIGRÁN A N U N C I O
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ANO 2013
De conformidade co establecido nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación co artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o estatuto básico do empregado público, 233 da Lei 5/1997, do 20 de xullo, de Administración local de Galicia e o artigo 23 da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do estado para o ano 2013, e visto o cadro actual de persoal deste Concello, a Alcaldía-Presidencia con data de 12 de decembro de 2013, RESOLVE: Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2013, que a seguir se detalla:
FUNCIONARIOS DE CARREIRA:
Denominación da praza: Oficial Policía Local
Escala: Administración especial
Grupo: C1
Nivel e número de prazas: Nivel 18, unha praza
Denominación da praza: Policía Local
Escala: Administración especial
Grupo: C1
Nivel e número de prazas: Nivel 18, dúas prazas.
BOE
09/01/2014
MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS  Formación continua en las Administraciones Públicas
Corrección de errores de la Resolución de 9 de octubre de 2013, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se publica el Acuerdo de Formación para el Empleo de las Administraciones Públicas de 19 de julio de 2013.PDF (BOE-A-2014-231 - 1 pág. - 131 KB)
DOG
09/01/2014
 CONCELLO DE PONTEVEDRA RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 referente á convocatoria para prover varias prazas.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 231, do luns 2 de decem­bro, e no número 241, do martes 17 de decembro de 2013, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes integradas na oferta de emprego público do Concello de Pontevedra do ano 2010.
O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 9 de outubro de 2013, convocou os procesos selectivos para a cobertura das prazas que a seguir se sinalan:
– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar.
– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista.
– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial xardineiro.
– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: oficial de obras.
– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: agrupación profesional. Clasificación: es­cala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: operario.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e publicaranse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edic­tos da corporación nos termos establecidos nas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario