viernes, 3 de enero de 2014

BOLETINES 03/01/2014

BOP
03/01/2014
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR Servizo de Traballo e Economía Social XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
CONVENIO O ACORDO: CONCELLO DE POIO (PERSOAL LABORAL)
Código de Convenio número 36003742012003
examinado o Acordo acadado na Sesión Constitutiva da Mesa de Negociación do persoal laboral do Concello de Poio, celebrado o 6 de setembro de 2013, de manter a vixencia do contido normativo do segundo convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Poio, publicado no BOP nº 174, do 10 de setembro do 2003, e no DOG nº 173, do 8 de setembro do 2003, do acordo plenario nº 3111 de 29 de abril
de 2008, no que se presta aprobación aos acordos acadados pola mesa de negociación de datas 5 de marzo e 3 de abril de 2008, ratificado polo Pleno o 25 de setembro de 2013, subscrito en representación da parte económica, por unha representación do Concello e da parte social polo comité de empresa e por representantes dos sindicatos CSif,CiG e CC.OO.

CONCELLO DE BAIONA E D I C T O   
en data 27/11/2013 estimouse parcialmente o recurso de reposición interposto contra a resolución da Alcaldía de data 03/09/2013 na que se aprobaron as bases da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral fixo do Concello de Baiona, incluídas na Oferta de emprego Público do ano 2012, procedendo a publicación íntegra das bases no BOP de Pontevedra núm. 240 de data 16/12/2013. Advertido erro na publicación das bases do BOP, que foron modificadas pola estimación do recurso de reposición interposto, procédese á publicación da corrección de erros:

CONCELLO DE A LAMA ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL
Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno do Concello da Lama, de data 27 de decembro de 2013 o Orzamento municipal, as Bases de execución, e a plantilla de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2014, consonte ao previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora de facendas Locais, aprobado por real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e no artigo 20 del real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva polo prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, si durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

CONCELLO DE MARÍN A N U N C I O
O Pleno do Concello de Marín, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o 19 de decembro de 2013, acordou, por maioría absoluta, aprobar definitivamente a modificación da relación de Postos de Traballo do Concello de Marín e a creación do catálogo de postos de segunda actividade, tras desestimar as alegacións e reclamacións presentadas no periodo de exposición ao público ao que foi sometido o expediente, mediante inserción do correspondente anuncio no BOP nº 223 do 20/11/2013 e no Taboleiro
de edictos do Concello.

CONCELLO DE MEAÑO A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de data 27 de decembro de 2013, o Orzamento Municipal correspondente ao exercicio económico 2014, coas Bases de execución, relación de Postos de Traballo e o Cadro de Persoal, cargos con dedicación e demáis documentación que integra o expediente do Orzamento; dando cumprimento ao artigo 169.1 do r.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, exponse ao público por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examina-lo e presentar reclamacións ante o Pleno da Corporación, segundo se sinala no artigo 170 do r.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais. O Presuposto Municipal considerarase definitivamente aprobado si durante o devandito prazo non se presentasen reclamacións ó mesmo, ó abeiro do artigo 169.1 do r.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo.
BOE
03/01/2014
MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS  Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas
Resolución de 17 de diciembre de 2013, del Departamento de Gestión Tributaria de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifica la de 3 de enero de 2011, por la que se aprueba el modelo 145, de comunicación de datos del perceptor de rentas del trabajo a su pagador o de la variación de los datos previamente comunicados. PDF (BOE-A-2014-59 - 6 págs. - 262 KB)  Otros formatos
DOG
03/01/2014
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario