martes, 31 de octubre de 2017

Comunicado da CSIF ante a desconvocatoria da folga no Sergas

Comunicado da CSIF ante a desconvocatoria da folga no Sergas
30 de Octubre de 2017

Na derradeira reunión do Comité de Folga realizada o 27 de outubro, a Central Sindical Independente e de Funcionarios CSIF, nun exercicio de responsabilidade procedeu a desconvocar a folga prevista para os días 2 e 3 de novembro.
Isto ven motivado pola consecución do desbloqueo da Carreira Profesional para tódolos traballadores do SERGAS, que non deixamos de reivindicar dende a súa suspensión, e que a mais do recoñecemento profesional e o incremente retributivo que poida supoñer, resolve en certa medida a inxustiza que provoca a discriminación entre traballadores. Dentro desta negociación vai un sistema transitorio de encadre, có que tódolos traballadores que quedaron neste tempo pendentes de consolidar un novo grao ou no seu caso conseguir o primeiro grao, poidan facelo no segundo semestre do próximo ano.
Outro acordo conseguido, é o tema igualmente demandado da negociación dun novo acordo de permisos e licencias que dende a nosa central sindical tentaremos sexa similar ao negociado para os empregados da Xunta de Galicia.
Temos que manifestar noso rexeitamento a modificación da Lei de Saúde de Galicia, mais se o Parlamento a pesares das oposicións manifestadas por nós e outros actores sociais a leva adiante, faise necesario negociar en Mesa Sectorial as posibles repercusións nas condicións de traballo que puidera con levar.
Non renunciamos coa desconvocatoria desta folga a seguir loitando pola recuperación de dereitos e dos acordos retributivos suspendidos como así se reflicte na acta.
Noso agradecemento aos compañeiros que participaron nas mobilizacións e nos ían acompañar na folga pois son parte importante da consecución destes acordos.
CALENDARIO DE IMPLANTACION DA CARREIRA PROFESIONAL
ANOSEMESTREACORDO
2018Negociación das bases da carreira ordinaria: requisitos, cuantías económicas, …etc.
Convocatoria e recoñecemento dos novos graos derivados do sistema transitorio de encadre
2019Abono dos novos graos do complemento de carreira profesional




No hay comentarios:

Publicar un comentario