martes, 31 de octubre de 2017

Alegacións da CSIF á proposta de baremo do Concurso de Traslados para persoal Funcionario

Alegacións da CSIF á proposta de baremo do Concurso de Traslados para persoal Funcionario
30 de Octubre de 2017

ALEGACIÓNS DA CSIF
PROPOSTA DE BAREMO DE CONCURSOS DE TRASLADOS AO “DOCUMENTO DE TRABALLO SOBRE UNHA PROPOSTA DE BAREMO PARA PERSOAL FUNCIONARIO”.
1.-Base Antigüidade.
A puntuación máxima por antigüidade pasaría de 5.5 a 7.5 puntos. Consideramos que a antigüidade debe puntuar na súa totalidade ou a lo menos o máximo posible, xa que todo o persoal ao servizo da Xunta de Galicia poderá acceder a esta valoración, antes o despois, á hora de participar nos concursos que se convoquen.
A puntuación proposta pola Administración de 0,025 puntos por mes, débese de elevar a 0.002 por mes conforme a nosa proposta. Deste xeito alcanzaríase a puntuación máxima ao acadar os 25 anos de servicios na Administración.
Esta base debe ser potenciada por ser a mais obxectiva e a que permite unha maior homoxeneidade para a obtención da puntuación a acadar, con independencia do centro directivo ou localidade onde o funcionario teña desenvolvido a súa carreira profesional.
2.- Méritos Específicos.
CSIF propón a desaparición da puntuación desta Base toda vez que os méritos nela descritos xa forman parte dos requisitos para o desempeño do posto e que o computo dos mesmos suporía establecer postos de traballo para perfís profesionais concretos
Con respecto á vinculación ás Areas funcionais, entendemos que supón unha limitación arbitraria á carreira profesional e mobilidade dos funcionarios. Compre destacar que a pertenza a unha Area funcional concreta, podería implicar a igualdade de tempo traballado case que a tripla da puntuación con respecto a outro funcionario que non pertenza a dita Area funcional, polo que o efecto “Departamentos Estancos” se dispararía na Administración.
Subsidiariamente, e de no ser atendida esta proposta, solicitamos a redución das puntuacións nesta base do seguinte xeito:
  • Por cada mes de servizos como funcionario/a en postos de traballo pertencentes á mesma área funcional ca do posto solicitado: 0,0125 puntos, cun máximo 1,5 puntos.
  • Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.
  • Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR): 0´75 puntos. No caso de que se mencione máis dun idioma só se valorará un.
  • Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.
3.- Grao Persoal.
Coa proposta da Administración de premiar o Grao persoal dende o nivel 10, estase a producir unha disfunción neste apartado dependendo do Subgrupo profesional dende o que se parte. Se a pretensión deste apartado é valorar a adquisición dun maior grao persoal, resulta necesario partir de asignar unha puntuación mínima referida ao nivel mínimo de cada Grupo ou Subgrupo e unha puntuación similar por cada grao consolidado. O contrario sería inxusto ao penalizar a un funcionario por razón do subgrupo profesional, cando xa existe outra base de puntuación que valora esta cuestión.
Exemplo:
Dous funcionarios que concursan a praza de Sección Nivel 25, aberta a A1, A2 e C1.
Funcionario A: Subgrupo C1 que ten consolidado, o nivel o 18. Consolida 4 niveis (dende o nivel 14 que o inicial do seu subgrupo.)
Funcionario B: Subgrupo A2, que ten consolidado o nivel 24. Consolida 4 niveis(dende o nivel 20 que é o inicial do seu Subgrupo.
Coa valoración da Administración:
Funcionario A:
Por consolidación do nivel 10: 1 punto
Por cada grao consolidado dende o nivel 10: 8 (numero de niveis) x (0.15) = 1.20
Total puntuación: 2.20
Funcionario B:
Por consolidación do nivel 10: 1 punto
Por cada grao consolidado dende o nivel 10: 14 (numero de niveis) x (0.15) = 2.10
Total puntuación: 3.10
Quedando así demostrado que sendo o nivel consolidado (que é o aspecto puntuable por esta base) por ambos similar, no o é a puntuación obtida.
Coa proposta da CSIF:
Funcionario A:
Por consolidación do nivel 10: 1 punto
Por cada grao consolidado dende o nivel Básico do Subgrupo: 4 (numero de niveis) x (0.25) 1 punto.
Total puntuación: 2 puntos.
Funcionario B:
Por consolidación do nivel 10: 1 punto
Por cada grao consolidado dende o nivel Básico do Subgrupo: 4 (numero de niveis) x (0.25) 1 punto
Total puntuación: 2 puntos.
4.- Traballo desenvolvido.
Non podemos aceptar que compute o tempo prestado en Comisión de Servizos, excepción feita de Comisións de Servizos de carácter forzoso ou, de ser o caso, adscricións provisionais cando así o impoña a norma.
Por contra, solicitamos que se aumente a puntuación polo tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo dente os 0.0125 actuais ata os 0.0175.
5.- Formación
Aínda que a Administración elevou o prazo de “caducidade” dos Cursos dende os dous anos ata os oito anos, amosámonos en contra da caducidade da formación. A formación, é un mérito imprescritible, como o é o acadar certa titulación ou a superación dun proceso selectivo.
En canto aos cursos a valorar, solicitamos que se inclúan tamén os cursos impartidos por calquera centro de formación da Administración pública (Academia Galega de Seguridade Pública, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, etc. Doutra forma a propia Administración galega lle estaría a restar crédito e importancia aos seus centros de formación para empregados públicos.
Así mesmo, solicítase que sexan valorados nos mesmos termos os cursos impartidos polas organizacións sindicais representativas da función pública galega que, previamente, foran homologados polos centros formativos no parágrafo anterior, así como os cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para el Empleo de las Administraciones Públicas (AFEDAP).
Igualmente, debe de valorarse a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais en Ofimática, así como as Titulacións académicas que non foron acreditadas como requisito de acceso ao posto.
Solicitamos por último que, pese a que a Administración reduciu de 20 a 12 horas lectivas, todos os cursos sexan computables dende as 10 horas.
RESUMO DE VALORACIÓNS.
Proposta da Administración:
MERITOPUNT. MAX%
ANTIGUEDADE5 PUNTOS16.6%
MÉRITOS ESPECÍFICOS3,5 PUNTOS11.66%
GRAO PERSONAL4 PUNTOS13.33%
TRABALLO DESENVOLVIDO5.5 PUNTOS18.3%
FORMACIÓN4 PUNTOS13.33%
GALEGO3 PUNTOS10%
GRUPO DE PERTENENZA5 PUNTOS16.66
TOTAL PUNTUACIÓN30 PUNTOS100%
Proposta da CSIF:
MERITOPUNT. MAX%
ANTIGUEDADE7.5 PUNTOS25%
MÉRITOS ESPECÍFICOS0 PUNTOS0%
GRAO PERSONAL4 PUNTOS13.33%
TRABALLO DESENVOLVIDO5.5 PUNTOS18.33%
FORMACIÓN5 PUNTOS16.66
GALEGO3 PUNTOS10%
GRUPO DE PERTENENZA5 PUNTOS16.66%
TOTAL PUNTUACIÓN30 PUNTOS100%
Información relacionada:

No hay comentarios:

Publicar un comentario