miércoles, 16 de marzo de 2016

BOLETINES 16/03/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
16/03/2016
CONCELLO DE VIGO
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS, E CONVOCATORIA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2012

CONCELLO DE CERDEDO
FUSIÓN VOLUNTARIA DOS TERMOS MUNICIPAIS DE CERDEDO E COTOBADE
O Pleno do Concello de Cerdedo, en sesión extraordinaria realizada o 03/03/2016, acordou iniciar expediente para a fusión voluntaria dos termos municipais de Cerdedo e Cotobade.
En cumprimento do disposto no artigo 32.2 da Lei 5/1997 do 22 de xullo de administración local de Galicia sométese o expediente a información pública por prazo de trinta días a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia (última publicación), a fin de que os interesados/as presenten as alegacións ou observacións que estimen pertinentes. O expediente atópase a disposición dos interesados/as para a súa consulta na Casa do Concello de Cerdedo (Praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo) os días hábiles en horario de 9 a 14 horas de luns a venres e de 10 a 12 horas os sábados.

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
APROBACIÓN MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
Por acordo do Pleno deste Concello de data 03 de marzo de 2016 aprobouse a modificación da relación de postos de traballo en relación cas funcións correspondentes á tesourería, o que se expón ó público durante un prazo de vinte días ós efectos da presentación de alegacións ou reclamacións ó expediente, entendéndose aprobado definitivamente se durante o citado prazo non se presentan ningunha.


CONCELLO DE PONTE CALDELAS
PUBLICACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 2016, acordou aprobar a Modificación da Relación de Postos de Traballo deste Concello.
Con data 8 de febreiro de 2016 publicouse Anuncio de modificación da Relación de Postos de Traballo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 25, expoñéndose ó público durante un prazo de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados puideron examinala e presentar reclamacións ante o Pleno.
Á vista de que durante o citado prazo non se presentaron reclamacións, a modificación considerarase definitivamente aprobada.
De conformidade co establecido no artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, por medio do presente anuncio, procédese á publicación íntegra da mencionada modificación e o resultado da relación de postos.
BOE                             Descripción: boe    
16/03/2016
MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD Funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2
Orden SSI/343/2016, de 11 de marzo, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo en la Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios. PDF (BOE-A-2016-2644 - 27 págs. - 616 KB)  Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
16/03/2016
Concello de Cerdedo

No hay comentarios:

Publicar un comentario