lunes, 28 de abril de 2014

Axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 -Cheque Infantíl


Axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 -Cheque Infantíl

No DOG do día 25-04-2014 a  CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR publicou a ORDE do 21 de abril de 2014 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria.



Esta orde ten por obxecto a regulación do proceso de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.

A axuda convocada consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas e nenos entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.

Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros
1. Para ser persoa beneficiaria das axudas as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter unha nena ou un neno nacida ou nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2011.

b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, superen o custo da praza.
2. Os centros aos que acudan as persoas beneficiarias deberán contar coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG do 20.1.2012).

Solicitudes e documentación
Os impresos de solicitude estarán dispoñibles na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos, así como no enderezo electrónico http://benestar.xunta.es

Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, dirixidas á xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a persoa solicitante, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es


2. O prazo para a presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.


Mais información no DOG do día 25-04-2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario