viernes, 8 de marzo de 2013

BOLETINES 08/03/2013

BOE
08/03/2013
BOP
08/03/2013

CONCELLO DE REDONDELA A N U N C I O
Na Oferta Pública de Emprego do ano 2010, aprobada o 13.08.2010, e publicada no BOP do 30.08.2010
non foi incluída unha praza de oficial electricista do concello, vacante por xubilación dende o 30.06.2010.
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e un de febreiro de dous mil trece, acordouse rectificar o acordo desta Xunta adoptado o 13.08.2010 en relación á Oferta de Emprego Público correspondente a dito ano, incluíndo na mesma a seguinte praza:
Persoal Laboral: ELECTRICISTA, categoría OFICIAL, grupo C2.

CONCELLO DE RIBADUMIA E D I C T O
Aprobado definitivamente o Presuposto Municipal para o exercicio de 2013, segundo acordo adoptado en sesión extraordinaria celebrada con data de 24/ 01/ 13, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 da Lei 2/2004 de 5 de marzo e disposicións concordantes, faise público que o devandito presuposto ascende tanto en gastos como en ingresos á cantidade de DOUS MILLÓNS CINCOENTOS SESENTA E SEIS MIL SETECENTOS OITENTA E DOUS EUROS CON CINCUENTA CÉNTIMOS (2.566.782, 50 €), có resumo por capítulos que a continuación se expresa:

CONCELLO DE O ROSAL A N U N C I O
Mediante resolución da Alcaldía do día de hoxe acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal laboral temporal coa categoría de SUBALTERNO, a xornada completa, durante o tempo que dure o peche na Casa Consistorial da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas do Baixo Miño.
Pola presente ábrese un prazo de 5 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio neste boletín oficial, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal. (www.concellodorosal.es).
 DOG
08/03/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario