miércoles, 17 de septiembre de 2014

A EGAP ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS EXAMES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

A EGAP ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS EXAMES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

Coa finalidade de que os alumnos poidan acreditar os coñecementos das materias pertencentes ao programa de autoformación, a EGAP abre o prazo de matrícula para as probas presenciais.


Cómpre lembrar que os contidos e as probas son actividades independentes, polo que para presentarse ás probas non é requisito previo ter accedido aos contidos do programa de autoformación. Para poder asistir a estes exames será preciso formalizar a inscrición a través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.es/matricula) entre as 8.00 h do 15 de setembro e as 14.00 h do 30 de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario