martes, 11 de marzo de 2014

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

No DOG de hoxe día 10-03-2014 publicouse : 

ORDE do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina no artigo 36.2 que a consellería con competencias en materia de educación regulará, consonte o establecido no devandito decreto, as probas de acceso para quen non cumpra os requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. O artigo 37 disponse que a consellería con competencias en materia de educación convocará, cando menos unha vez ao ano, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

Tedes máis información no enlace do DOG 

No hay comentarios:

Publicar un comentario