sábado, 29 de marzo de 2014

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeira
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2014

NOTA INFORMATIVA DO 27 DE MARZO
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
-Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
-No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
 Prazo aberto dende o 28 de marzo ata o 28 de abril (incluído)









CONSULTAS

Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503

No hay comentarios:

Publicar un comentario