viernes, 7 de marzo de 2014

ESTADÍAS NAS RESIDENCIAS DE PATOS E O CARBALLINO

ESTADÍAS NAS RESIDENCIAS DE PATOS E O CARBALLINO


No DOG de hoxe día 06-03-2014 a CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR  publicou a ORDE do 28 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2014.

A Consellería de Traballo e Benestar dispón de dous centros destinados ao desfrute do lecer das familias, as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, ás que se lles quere dar un fondo contido social, posibilitando o acceso de familias a un período de vacacións nas residencias de tempo libre de Galicia.
Mediante a presente orde ofértanse quendas de estadías nas devanditas residencias, co fin de favorecer a comunicación e participación persoal e sociofamiliar, cumprindo unha importante función social.
Neste sentido, esta orde recolle aspectos, tales como a determinación das persoas destinatarias, distribución de prazas, servizos ofertados, solicitudes e tramitación, adxudicacións, prezos e pagamento, o que contribúe a reforzar a confianza da cidadanía no funcionamento do sistema.

 Para ter mais informacion preme no enlace do DOG 

No hay comentarios:

Publicar un comentario