lunes, 28 de enero de 2013

BOLETINES 28/01/2013

BOE
28/01/2013
BOP
28/01/2013
DEPUTACIÓN PROVINCIAL RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte R E S O L U C I Ó N :
De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, considerando os informes que obran no expediente, resoLVo aprobar a presente convocatoria para cubrir interinamente dúas prazas de subalterno a tempo parcial de 25 horas semanais, vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, que se rexerá polas seguintes: B A S E S

CONCELLO DE CERDEDO E D I C T O
Sendo definitivamente aprobado polo Pleno deste Concello, o orzamento Xeral para o exercizo económico de 2.013, por acordo adoptado na sesión extraordinaria urxente de data 21 de xaneiro de 2013, e en cumprimento do que dispón o artigo 169 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, faise público que os presupostos que nel se integran, tanto en gastos como en ingresos a nivel de capítulos e na súa contía total, ascenden ós importes que de seguido se sinalan, segundo o seguinte detalle.

CONCELLO DE MEAÑO A N U N C I O
Elevado a definitivo o acordo provisorio de aprobación do orzamento municipal correspondente ao exercicio económico 2013, coas Bases de execución do orzamento coas delegacións contidas nas mesmas, o anexo de investimentos, relación de Postos de traballo e o Cadro de Persoal, Cadros de retribucións, cargos a desempeñar con dedicación, retribucións das cargos con dedicación, a asignación de dotación económica aos Grupos Políticos, mediante resolución da Alcaldía de data 22 de xaneiro de 2013 e dando cumprimento ao artigo 169.3 do r.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, en concordancia co artigo 20 do r.D. 500/1990, do 20 de abril, faise público resumido por capítulos, que ascende tanto no estado de Gastos coma no de ingresos a DoUs miLLÓns oitoCentos trintA e tres miL treCentos seis eUros Con sesentA CÉntimos (2.833.306,60 €).
 DOG
28/01/2013
  CONSELLERÍA DE FACENDA
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
En cumprimento do disposto na Resolución do 4 de xaneiro de 2013 da Consellería de Facenda (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 15 de xaneiro no salón de actos número 2 (pequeno) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.
Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2013, empezará por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra X.

No hay comentarios:

Publicar un comentario