viernes, 4 de enero de 2013

BOLETINES 04/01/2013

BOE
04/01/2013
BOP
04/01/2013
DEPUTACIÓN PROVINCIAL E D I C T O
O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2012, acordou a aprobación definitiva do orzamento xeral da Deputación para o exercicio de 2013, que comprende:
— O orzamento da Deputación por importe de 148.449.227,00 euros.
— O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 476.600,00 euros.
— O orzamento xeral consolidado, por importe de 148.552.227,00 euros, tanto en ingresos coma
en gastos.
Do mesmo xeito, tamén se aprobaron definitivamente:
— As bases de execución do orzamento xeral da Deputación e específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería.
— O organigrama da Deputación e da Fundación Escola Universitaria de Enfermería.
— Os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación e da Fundación Escola Universitaria de Enfermería.
— O anexo de investimentos para o exercicio 2013.
— O marco presupuestario a medio prazo 2013-2015.
— A regra e límite de gasto para o exercicio 2013
De conformidade co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais faise público o orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2013, o resumo por capítulos do xeral e consolidado é o que se relaciona no anexo que se achega. Do mesmo xeito, e dacordo co disposto no artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local reprodúcese o cadro de persoal e a relación de postos de traballo da Deputación de Pontevedra e da Escola Universitaria de Enfermería aprobado xunto ó orzamento xeral.

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉNE D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación de 21-12-12, o Orzamento Xeral, cadro de persoal e relación de postos de traballo para o exercicio económico de 2013, en cumprimento do disposto no art. 169 do TRFL e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles que empezará a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, e que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.Pazos de Borbén, a 21 de decembro de 2013.—O Alcalde, Andrés Iglesias Rodríguez.
DOG
04/01/2013
Universidade de Santiago de Compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario