martes, 8 de enero de 2013

BOLETINES 08/01/2013

BOE
08/01/2013
BOP
08/01/2013
CONCELLO DE BAIONA A N U N C I O
Aprobadas por resolución de alcaldía de data 21/12/2012 as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo incluída na plantilla de persoal para substitución dunha funcionaria de baixa por enfermidade e posterior permiso maternal, e as correspondentes vacacións en réxime de interinidade de conformidade co disposto no artigo 10 do Estatuto Básico da función pública e no artigo 8 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia. Polo exposto procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na paxina www.baiona.org.

CONCELLO DE COVELOE D I C T O
O aprobarse definitivamente polo Pleno do Concello, o Presuposto Xeral para o exercicio económico de 2013, por acordo adoptado en sesión celebrada o día 30 de novembro de 2012, en cumprimento do que dispón o artigo 155.3 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, faise público que os presupostos que en el se integran, tanto en gastos como en ingresos, e a nivel de capítulos e na súa contía total, ascenden os importes que a continuación se expresan:
CONCELLO DE AS NEVES A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 2012, o Orzamento municipal para o exercicio económico de 2013 e a plantilla de persoal funcionario e laboral para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se coiden oportunas. De conformidade con acordo adoptado o Orzamento considerase definitivamente aprobado, se durante o prazo establecido non se presentan reclamación ao mesmo.

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO E D I C T O
Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno en sesión de data 21/12/2012, o presuposto para o exercicio económico de 2013 e o cadro de persoal para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004 do 05.03 TRLFFL, e disposicións concordantes, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no “Boletín Oficial” da provincia, ó obxecto de que durante o mesmo se poidan facer as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas, as que deberán ser dirixidas á Presidenta desta
mancomunidade.
DOG
08/01/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario