jueves, 25 de enero de 2018

Aclaración sobre o número de días de asuntos particulares no 2018

Aclaración sobre o número de días de asuntos particulares no 2018

Asuntos propios para os empregados públicos durante o ano 2018.
  • COINCIDEN DOUS FESTIVOS NACIONAIS EN SÁBADO PERO UN DELES TEN CARACTER DE “SUBSTITUÍBLE”, POLO QUE SÓ SE INCORPORA UN DÍA MÁIS DE ASUNTOS PARTICULARES.
Ante as dúbidas existentes neste comezo de ano, ocasionadas pola discrepancia entre o número de festivos nacionais que coinciden en sábado e os días adicionais de asuntos particulares que estes incorporan, e as numerosas consultas recibidas sobre o tema, dende a CSIF queremos aclarar que a Resolución do 24 de febreiro do 2016, onde se ditan as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas di, en referencia ós asuntos particulares:
1.- Ao longo do ano o persoal ten dereito a seis (6) días de asuntos particulares, sen necesidade de xustificación.
Así mesmo o persoal terá dereito ó gozo de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ó cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo. O gozo destes días poderá ser exercitado dende o día seguinte á data en que se xere o dereito.
5.-Incorpórarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuídonon recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado en dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñan garantidos o número de festivos anuais a través das carteleiras.
Asemade, no Boletín Oficial do Estado do día 11 de outubro de 2017 fanse públicos o listado definitivo dos festivos nacionais e autonómicos para o 2018, e nel se indica que:
  • Día 8 de decembro de 2018 (sábado) é un festivo nacional non substituíble.
  • Día 6 de xaneiro de 2018 (sábado) é un festivo nacional que a Comunidade Autónoma non exerceu a súa facultade de substitución (festivo substituíble)
Polo tanto, o sábado 8 de decembro xera un día adicional de asuntos particulares, namentres que o sábado 6 de xaneiro, polo seu carácter de festivo substituíble, non.
 En base ao exposto, no ano 2018 o número de días de asuntos particulares, sen ter en conta os adicionais por antigüidade, son 7.

No hay comentarios:

Publicar un comentario