19 de Diciembre de 2017
O pasado día 18 de decembro do 2017, votou a andar a Subcomisión de Seguimento do Acordo asinado entre CSIF e outras OO.SS. para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos.
As primeiras tarefas da Subcomisión encargada do seguimento do plan no ámbito autonómico deben de ser o establecemento dun método de traballo que permita determinar cales e cantas son as prazas afectadas polo devandito Plan.
Compre lembrar que o Plan de Estabilidade abrangue tres bolsas de prazas:
- Aquelas de carácter estrutural, que estean cubertas por un indefinido declarado non fixo por sentenza xudicial (exclusión feita das prazas afectadas polo Proceso de Consolidación do 2008 – 1º e 2ª parte). Segundo os cálculos da DXFP o número de prazas de este apartado sería de 200 prazas.
- Aquelas prazas que consonte ao previsto na DT4ª do EBEP e dotadas orzamentariamente e dende data anterior ao 1 de xaneiro de 2005, estean ocupadas ininterrompidamente de forma interina ou temporal. Segundo os cálculos da DXFO o número destas prazas deste apartado serían de 400 prazas das cales 300 corresponderían ao persoal laboral e 100 a funcionario interino.
- Aquelas prazas incluídas nos sectores fixados na Lei 3/2017 de Orzamentos do Estado e que teñan permanecido cubertas de forma interina ou temporal ao menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro do 2016. Este subapartado esta pendente de su cuantificación.
Dende a parte social, solicítaselle ao DXFP que ditas prazas sexan remitidas mediante o sistema de Buzón de Postos, como medio máis áxil para determinar que prazas poden ser obxecto de Estabilización e que prazas non.
Igualmente, dende CSIF se solicita que a Administración remita todas as prazas que cumpran o criterio temporal, xa que o criterio de que poidan encadrarse en un sector u outro dos incluídos na Lei de orzamentos debe ser un criterio fixado de común acordo no ámbito da Subcomisión e non “a priori” dende a Administración.
Dende CSIF se solicita tamén que dende a Administración se arbitre un sistema que permita coordinar a participación dos funcionarios de carreira ou laborais fixos nos Concursos de Traslados que con carácter previo a desenvolvemento dos procesos de Consolidación poidan convocarase, coa permanencia do persoal temporal ou interno en ditos postos ata o remate dos procesos selectivos.
A DXFP amosa a dificultade de poder acadar dita coordinación, especialmente no que atinxe ao persoal interino, sendo mais receptiva a estudialo no eido do persoal laboral temporal.
Por outra banda a Administración adianta a posibilidade de que non obstante a orixe que teñan as prazas, todas aquelas que teñan unha equivalencia con Corpos e Escalas de carácter funcionarial, convocaranse nun único proceso selectivo correspondente á Escala que lle corresponda de persoal Funcionario.
Igualmente se nos comunica que a intención da DXFP e ter identificadas as prazas para que poidan ser ofertadas con motivo da OPE 2018, con previsión de publicación no primeiro cuatrimestre do vindeiro ano.
Respecto a porcentaxe de prazas que poidan saír ofertadas en 2018 e as que se deixen para a OPE do 2019, a Xunta aínda non pode facilitar ditos datos.
En calquera caso compre recordar que dado que os procesos selectivos das OPE 15, 16 e 17 aínda están sen convocar, non parece aventurado pensar que os procesos da OPE 2018 puideran acumularse aos da OPE 2019 e non ter lugar ata ben entrado o 2019.
- CSIF, tras a experiencia dos últimos anos, non se fai responsable da veracidade das informacións vertidas polo director xeral de Función Pública nin tampouco do cumprimento dos cronogramas que facilita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario